Nota de prensa
As presvisións meterolóxicas de auga para o domingo 4 finalmente non foron tan cativas, nembargantes a LNB logo da pertinente comprobaciñon in situ por unha boa parte dos palanadores do estado do terreo de xogo, decidiu facer o troco previsto e dar aviso urxente para que a serpe multicolor se dirixira cara o pavillón deportivo de San Miguel.
Con un pequeño retraso por mor do cambio de esceario, pero a cuberto do incesante barruzo, deu comezo a 8ª xornada da LNB con medio cento xusto de palanadores. Un novo equipo en competición. Os Cochikeiros de Cerceda, que xogan na conferencia NorOeste mandaron en representación a dous dos seus compoñentes, Antón e Berdillo que de algún xeito supliron o oco deixado por “Os Batea” (que tiñan tamén xornada puntuable na súa conferencia nai, a conferencia Salnés, e desta volta non se desprazaron.
Tarde propicia para os especialistas en varados, pero con so tres xornadas por diante para cerrar a tempada regular, vese que os palanadores prefiren non arriscar e tentan asegurar os puntos que os metan na clasificación para as finais de Conxo. Na mesma pista que se acadaron catorce varados na xornada 4, e que ten o mellor rexitro da tempada, desta volta só se fixeron sete tiros directos.
O xogo desenrolouse con moita normalidade ainda que como sempre non faltaron as sorpresa non agardadas que amolaron a uns e fixeron feliz a outros. Os debutantes da conferencia NorOeste poden xa persoalmente dar fé do nivel de xogo da conferencia NorlEste con vistas ao ALL STARS que se celebrará o vindeiro domingo día 11 en Cerceda (A Coruña).
Non se procucen grandes cambios nas clasificacións. Guille, que se está a marcar uns pasiños de samba no seu Brasil natal, como lóxicamente se pode adiviñar, non participou nesta xornada e xa que logo perde postos na clasificación en favor de Regueiro. O troita brava segue en moi boa racha cara arriba, as súas obligacións laborais obrigábano a rematar axiña e daquela xogou as súas carreiras sen presa pero sin pausa e foise con oito puntos no peto.
Si á falla de Guille en “Os Outros” engadimos a irregular xornada do resto de compoñentes, temos como resultado que os “Billardeiros Musicais” pegan un brinco ata os 13 puntos de vantaxe. Nada definitivo xa que como se soe decir ainda está o capador enriba da cocha, e esta cocha e moita cocha! pero a xanela pola que se olla o ceo xa se ve mais perto.
O xornada rematou con empate a 9 puntos entre Juan (Billardeiros Musicais) e Rodrigo (M de Meira), que se desfixo en favor de Juan.
O 3º posto foi para Markytos (Billardeiros Musicais) con 8 puntos logo de gañar o desempate co seu compañeiro Franco, con Carlos (Toitas Bravas), con Mondoñedo (Bitere-Ekipa) e con Outeiro (Corredoiras).
Os premios entregados foron:
1º Tarta grande de Mondoñedo e Monteira: JUAN
2º Tarta mediana: RODRIGO
3º Tarta pequena: MARKYTOS
Daquela a clasificación queda como segue:
Por equipos:
Billardeiros Musicais son primeiros con 245 puntos, Os Outros segundos con 232 puntos e Remourelle Bulls terceiros con 201 puntos.
En individuais:
Markytos 67 puntos. Reyes 62 puntos. Daniel e Eric 60 puntos.
En varados:
Eric 7, Guille 6, Charli 5, Daniel, Markytos, Martiño e Regueiro con 3 varados.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
