Nota de prensa
VEIGA DENUNCIA QUE A XUNTA DEIXOU DE PAGAR DIETAS DE DESPRAZAMENTOS PARA DOENTES NO ÁMBITO DE LUGO
Os nacionalistas advirten de que esta en risco de que a comarca feche pola destrución de emprego e o desmantelamento dos servizos públicos
O BNG organiza mañá unha charla en Burela sobre a crise con Vence, Vila e Parga
A Mariña, 15 de marzo de 2012. O Bloque Nacionalista Galego organiza na xornada de mañá un acto no salón de actos da antiga biblioteca de Burela, no que participarán o Catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence, o membro da executiva da CIG-Saúde, Víctor Vila, e o Parlamentario Autonómico do BNG Manuel Parga. A mesa redonda que se desenvolverá o venres 16 a partir das 20:00 h e que leva como titula “A Mariña en crise” pretende achegar a problemática da situación económica aos veciños da comarca.
Segundo indicou Antonio Veiga “o acto de mañá en Burela é un convite a un exercicio de reflexión conxunta sobre o delicado da situación económica na zona pero tamén da necesidade de que os mariñaos e as mariñás demos un paso adiante para que a solución da mesma garanta, cando menos o mantemento dos servizos públicos que hoxe se prestan, a recuperación do emprego, situando este obxectivo como prioridade central, e a posta en marcha por parte das administracións públicas, nomeadamente a autonómica, de políticas que amortiguen os efectos que a crise están a provocar na Comarca. Nós acreditamos nas potencialidades da Mariña pero o que está en risco hoxe é que a propia comarca volva atrás do seu avance económico dos últimos anos e feche os seus principais baluartes neste sentido”.
O portavoz comarcal do BNG indicou que “Burela, o concello máis dinámico de todo Lugo en materia demográfica, o que indica a súa vitalidade económica, está a ser golpeado como ningún outro pola xestión da crise até o punto de que algunha das súas empresas máis emblemáticas se atopan en procesos de ERES de extinción ou de concursos de acredores. A realidade de “Gres Burela”, “Construcións MON” ou “Eccesa” agocha unha manchea de dramas demográficos, a empezar polos despedidos e continúa co efecto que isto está a ter no conxunto do sector terciario. Poren a pesar da contundencia da crise isto non tivo reflexo na actuación da Xunta de Galiza na posta en marcha de ningún Plano de Acompañamento Social que facilite a creación de emprego e que favoreza a reinserción laboral das persoas que perderon o seu emprego”.
O nacionalista mostrou a súa preocupación polo futuro do Hospital da Costa e da atención sanitaria na Mariña, “necesitamos feitos e non propaganda” indicou Veiga quen tachou de Pinocho a Feijoo pois “ninguén se cree os seus anuncios en relación coa ampliación do Hospital, posto que o que está a facer Feijoo é desguazar o Hospital da Costa tanto na redución de persoal especializado como na prestación de servizos até o punto de que o volume de mariñaos que están a ser derivados a Lugo ten aumentado nunha contía considerábel nos últimos tempos como mesmamente recoñecen os propios responsábeis do Sergas. Mesmamente isto tornase máis grave nos tempos presentes se temos en conta que a Xunta suprimiu a dieta de quiilometraxes para desprazamentos de algúns doentes no ámbito de Lugo o que significa outro retroceso nas políticas sanitarias públicas”.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



