Nota de prensa
O BURELA FS RETA A REVELACIÓN MANZANAREÑA
O Burela FS Pescados Rubén retará a cancha do Manzanares, revelación no seu debut en Segunda, ocupando a actual segunda praza (41 puntos). A cita arrancará ás 18.00 horas no municipal da localidade cidaderrealeña.
O cadro laranxa medirase a un rival que resulta un verdadeiro parapeto na súa pista: 30 dos seus 41 puntos conseguiunos como local. Ata o momento ningún equipo puido facerse cos tres puntos en terras manzanareñas e tan só o Playas puido arrebatar o empate, na terceira xornada (3-3). Ademais, a segunda volta non se lle está dando nada mal; encadea 5 vitorias.
No entanto, tras a inxección anímica da semana pasada, co triunfo fronte ao líder granadino (4-1), o Burela FS chegará a Manzanares disposto a todo, seguro de si mesmo e do xogo que pode despregar. Na expedicion mariñá, Clebinho e Purao viaxaron con molestias; entrou na convocatoria o ala xuvenil Antón Couto.
![]()
Na primeira volta, o Burela FS dominou a cita cun tallante 10-3.
Nos cálculos laranxas de escalada para esta xornada cobra protagonismo o duelo entre UA Ceutí e Hotels Plaza Andorra, que ocupan a oitava e novena praza empatados a 32 puntos. Asediando os intereses do Burela FS, o UPV Maristas Valencia (29) ten unha complicadísima tarefa na casa do primeiro clasificado e o UMA Antequera (27) desprázase á cancha do Gáldar Gran Canario, cuarto.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
