Nota de prensa
A voceira do PP na Deputación, Elena Candia, critica ao goberno provincial por non levar a cabo con rigor temas coma este
O PP de Lugo inicia un percorrido polos concellos da provincia para que os cidadáns coñezcan de primeira man a ampliación da Rede Natura 2000
. Candia: “ao goberno bipartito da Deputación só lle interesa a Rede Natura cando é tema de debate”
Lugo, 6-3-2012. – O Partido Popular de Lugo comeza un percorrido polos distintos concellos da provincia lucense co fin de explicarlle aos veciños, unha información verídica sobre a ampliación da Rede Natura 2000.
Logo de que o goberno bipartito da Deputación, votase, no último pleno provincial, en contra da moción relativa a ampliación da Rede Natura 2000, levada a cabo polo PP, a voceira dos populares, Elena Candia, asegura, que a diferenza do PSOE e BNG, o seu partido trata estes temas con total rigor, polo que inician un percorrido, con total seriedade e na compañía de técnicos, polos distintos concellos lucenses, para defender os usos que se leven a cabo nas distintas zonas.
Elena Candia criticou que os únicos obxectivos do goberno provincial, nun tema tan serio coma este, son: acudir a lugares coma a Fonsagrada, sacar unhas cantas fotos e manipular aos veciños. Asegura a voceira popular que aos socialistas e nacionalistas só lles preocupa e importa a Rede Natura cando é un tema de debate: “sácano a luz, enganando aos cidadáns, e logo cando é a hora da seriedade, votan en contra”
A voceira do PP na Deputación, insiste en que a Rede Natura esta dentro da Política europea medioambiental polo que hai que cubrir deficiencias implantadas polas directivas comunitarias. Lembra Elena Candia, que o bipartito da Xunta non fixo absolutamente nada no tocante a este tema tan importante e que o único que tiña preparado o PSOE naqueles intres era unha ampliación da Rede Natura moito maís amplia pero, para nada, estudiada.
Asegura a voceira popular, que o Plan Director, adopta un sistema xerarquizado de zonas, co fin de asegurar os obxectivos de conservación e uso sostible dos recursos naturais en cada espazo protexido e no conxunto da Rede Natura 2000. Critica por tanto que o goberno da Deputación, co seu presidente a cabeza, se adique a visitar lugares coma a Fonsagrada para decirlle aos veciños que a Rede Natura impedirá levar a cabo traballos tradicionais (coma agrícolas ou gandeiros) na zona.
Lembra Elena Candia, que o territorio delimitado polo espazo natural e a súa área de influencia socioeconómica, considéranse como áreas preferentes para o desenvolvemento daquelas actividades económicas de carácter tradicional, coherentes e respectuosas cos obxectivos de conservación, polo que se promoverán nestes territorios as actividades vinculadas coa explotación racional dos recursos naturais, coma a agricultura, gandería, silvicultura, actividades de carácter turístico ou actividades de uso público.
Afirma tamén a voceira dos populares que coa aprobación do Plan Director de Rede Natura 2000 vaise máis aló das excepcións de usos e actuacións contempladas no artigo 39 da Lei 2/2010 para aqueles concellos que teñan máis do 40% da súa superficie incluída en Rede natura 2000 ao equipararse os usos nas zonas de conservación e uso xeral, a maior parte de Rede natura en Galicia cos Solos rústicos de Protección Ordinaria.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



