Nota de prensa:
O PP local ponse a disposición dos gandeiros de Estelo e Tronceda ante as dúbidas e discrepancias no saneamento
• O grupo local pídelle ao rexedor mindoniense que non politice un problema que repercute negativamente na vida dos gandeiros da zona e esíxelle que traballe por defender a actividade dos gandeiros e non por poñerlle atrancos
Mondoñedo, 19 de marzo de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo ponse a disposición dos gandeiros de Estelo e de Tronceda, na parroquia dos Remedios, para desenvolver de maneira positiva a actividade que sustenta as economías familiares da zona e resolver así as dúbidas e discrepancias que xiran en torno ao proceso de saneamento vacún.
A portavoz local do Partido Popular, Elena Candia, reiterou o compromiso do Partido Popular cos veciños da zona na procura de solucións e na resolución das discrepancias que poidan xurdir no proceso de saneamento de forma que non repercutan de forma negativa para os gandeiros. Candia fai estas declaracións tras que o alcalde local se persoara esta mañá na zona de Estelo e Tronceda e paralizara o proceso de saneamento sen ter claro o motivo que xustifica tal actitude.
Candia pídelle ao rexedor que non politice un tema de “gran sensibilidade para os veciños da zona” e esíxelle ao bipartito que, por primeira vez, defenda o traballo do gandeiro e procure actuacións que permitan a resolución das discrepancias en vez de asumir competencias que non están dentro das súas responsabilidades.
Ante esta situación, mañá responsables do departamento do Medio Rural manterán unha xuntanza cos membros da directiva representativa dos veciños da zona para informar dun proceso de saneamento, que segue o protocolo de actuación estipulado baixo a normativa reguladora correspondente.
Candia cre que esta actitude de ofrecemento de información e de procura de consenso e de solucións sempre a prol dos traballadores é a pauta de traballo a seguir, antepoñendo sempre a defensa da actividade gandeira, principal modo de subsistencia dos veciños da zona. Ante isto, Candia cualifica de irresponsable o proceder dun goberno bipartito que leva tres anos sen preocuparse por unha problemática que conlevou importantes perdas económicas na zona ao non serlles concedida a carta verde aos verde aos gandeiros. Agora, tras esquecerse desta problemática, segundo di Candia, o BNG e o PSOE pretenden asumir competencias que non están baixo a súa responsabilidade e politizar así un problema de vital importancia para os gandeiros.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



