Declaracións do portavoz municipal Eduardo Gutiérrez
ESTRACTO DAS INTERVENCIONS NA SESION DO PLENO SOBRE CONVENIOS URBANÍSTICOS E NOVA INFORMACION PUBLICA DO PXOM
Convenios urbanísticos
En canto ao das ruas Pintor Fierros e Daniel Cortezón, debemos subliñar que falta información detallada, concretaemte sobre as áreas de reparto e que seria necesaria para acreditar que o convenio se atén ao principio de maior obtención de espazos públicos. Por outra banda en negún dos dous se informa dun aspecto fundamental como é que están afectados pola zona de protección e respeto do Camiño de Santiago, que se extende até case a mitade de ambas ruas.
En canto ao da Avda. Rosalía de Castro, hai que considerar, primeiramente, a enorme edificabilidade que se vai atribuir ao edificio. Un exemplo do previsible impacto témolo na outra banda da mesma avenida, e ainda descoñecemos cales foron as ventaxas para o interese público. Ou sexa que á beira dun tecido urbano do século XIX e comezos do XX, situaráse unha mole de baixo máis oito plantas. Debería sonsiderarse a posibilidade de, cando menos, diseñar unha edificabilidade de transición.
En segundo lugar, non hai nengunha cesión de edificabilidade, absolutamente fundamental para Ribadeo. Cédese o viario, que é obrigatorio, e os fondos traseiros do edificio, pero unicamente en superficie, de xeito tal que ese espazo libre ou verde, con mobiliario urbano, contribue a reforzar o valor da propiedade. Debeuse priorizar o que é máis importante para Ribadeo: a cesión de espazo con edificabilidade, onde poder ubicar unha nova escola infantil ou un centro para a terceira idade, ou calquer outra dotación. Isto é bastante máis importante que as prazas de aparcamento, que están sendo publicitadas como un engado.
Atribue o convenio o carácter de cesión de dereitos e dominio en propiedades que xa son de dominio público, como son os sotos baixo o viario. A cesión de vias é obrigada e o subsolo pertece ao viario. E é aquí onde se situan as prazas.
Finalmente falta información detallada nos informes, tal e como sinalamos para os outros dous convenios, cobcretamente sobre a concreción da área de reparto que pertece ao polígono. En resume, na miña opinión, a negociación levada a cabo non é favorable aos intereses municipales e por iso non votamos a favor dos convenios. Abstémonos.
Segunda exposición pública do PXOM
Antes de entrar noutras consideracións sobre o Plan, xa que hai que estudalo en profundidade e leva tempo, nós cremos que se debeu respostar ás alegacións que se presentaron polos particulares, no anteriuor período de información pública, no ano 2008. É certo que nos núcleos rurais a nova Lei cambiou completamente as características e que desvirtuou as alegacións. Con todo, segundo afirmacións tanto dos técnicos redactores como do goberno municipal, procurouse estimar o que se puido. Isto matiza a obxectividade na aplicación da nova Lei, posto que algunhas alegaciuóns foron recollidas, ainda que sexa parcialmente, e outras non. Pode xurdir un agravio comparativo.
Pero en solo urbano a cousa é diferente, posto que as posibilidades de estimar as alegacións teñen máis marxe, xa que os cambios que introduce a Lei non son tan restrictivos como na zona rural. E por iso, ainda que non sexa obrigatorio, conviría informar cando menos sobre os criterios seguidos no proceso, por varias razóns: primeiro a claridade no proceso de participación que supoñen as alegacións. O último foi no ano 2008 e presentáronse 1.168. E algo semellante sucedeu no do 2001. A apertura á participación que se fai en forma de alegacións debera merecer unha resposta, ainda que fose sumaria, por parte da administración. E logo, por economía de medios, para evitar unha posible duplicación nas alegacións.
Remitido




















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



