O sábado, 3 de marzo pecha a exposición “Sen fronteiras: luz e cor. ARTE-EDUCA”. Con esta despedida queremos deixar prendida unha luz para o futuro, non só da arte, senón da sociedade que nos rodea. Esta exposición é froito do resultado dun traballo en equipo, do esforzo e da ilusión de moita xente. Uns trescentos rapaces de toda a comarca ensináronnos como extraer beleza de materiais tan sinxelos como o cartón ou botellas de plástico. Ensinamos e aprendemos a desenvolver a capacidade de crear, ou o que é o mesmo, de materializar os nosos pensamentos, de imaxinar o posible e, ás veces, tamén o imposible.
Sábado pecha a exposición “Sen fronteiras: luz e cor. ARTE-EDUCA” no CENIMA
Sábado pecha a exposición “Sen fronteiras: luz e cor. ARTE-EDUCA” no CENIMA
Relacionado
-
O deputado de Rural, Daniel García, achegouse á rapa das bestas do Campo do Oso, que se celebrou este domingo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación
-
O Museo Etnográfico de Trabada acolleu este sábado a xornada “Saberes e Sabores do Eo”
-
Este venres desenvolveuse nun día sollleiro a excursión ao Labirinto de Rinlo que planificaron os Concellos de Alfoz e Valadouro para promover alternativas de lecer e fomentar a convivencia na rapazada dos dous concellos que integran o val