A central nacionalista acadou 3 dos 5 representantes
A CIG revalida a maioría absoluta na Cooperativa Os Irmandiños de Ribadeo
Estes resultados consolidan a maioría da CIG no comité.
A CIG acadou maioría absoluta en Os Irmandiños, cooperativa de servizos e produtos agropecuarios de Ribadeo, ao obter tres delegados mentres que UGT acadou un e unha candidatura independente outro. A participación nas votacións foi do 72%.
Estes resultados reforzan a liña sindical da central ao tempo que avalan o traballo realizado polo comité nestes catro anos na cooperativa logo de ser esta a primeira vez que había comité de empresa nesta emblemática empresa mariñá.