MÓNICA PEDRE FAI UNHA CHAMADA Á PARTICIPACIÓN NA ELABORACIÓN DAS ALFOMBRAS FLORAIS QUE ADORNARÁN AS RÚAS DE BURELA NAS FESTAS PATRONAIS. A COMISIÓN ORGANIZADORA BUSCA XENTE PARA FACERSE CARGO DE DOUS TRAMOS.
Burela, 13 de abril de 2012. A concelleira de Cultura, Mónica Pedre, que tamén é membro da comisión organizadora das festas patronais de Burela 2012, fai unha chamada á participación na elaboración das alfombras florais que adornarán as rúas da vila durante eses festexos.
A comisión de festas precisa xente para coordenar, organizar e debuxar dous tramos, polo que “pedimos a colaboración dos veciños e das veciñas de Burela para elaborar estas alfombras florais”. Os interesados en participar deben poñerse en contacto coa comisión organizadora das festas patronais de Burela 2012 antes do vindeiro 20 de abril.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



