Borja Rocha, mellor promesa do Surf-Camp, xa ten todo o material esponsorizado por Presidencia da Deputación
– Rocha recolleu esta mañá o total da equipación que Presidencia da Deputación outorgou como premio ó máis destacado dos surfistas mariñanos
– 15 medios de comunicación de toda España seguiron en directo o evento, que en breve aparecerá en reportaxes elaboradas por revistas especializadas nacionais e estranxeiras
– Técnicos da TIC e bolseiros da Escola de Imaxe e Son realizaron a gravación íntegra do Surf-Camp para difundir entre as axencias de noticias, xornais e televisións de todo o pais
O gañador do galardón á mellor promesa do Surf-Camp, Borja Rocha, xa ten no seu poder todo o material que Presidencia da Deputación outorgaba ó vencedor de este ansiado título. O mellor “rookie”, que así se denomina no mundo do surf ós iniciados, disputábase esta fin de semana entre seis surfistas mariñanos, seleccionados previamente polos clubes colaboradores da organización, en base a criterios de calidade e proxección. Os seis tiveron que medirse entre eles e cos 18 campións presentes no Surf-Camp para obter este trofeo. Esta elite nacional foi a encargada de decidir o nome do elixido que, a partir de agora, será embaixador da Mariña grazas á esponsorización completa durante un ano por parte da institución provincial.
A táboa de alta gama xa lle foi entregada a este novo surfista barreirense no momento de anunciarse o nome do vencedor na reñida competición en calidade de trofeo, e hoxe mesmo o novo campión recolleu o resto do material. Valorado en máis de 2.000 euros, este material permitirá a Rocha participar en campionatos de surf representando á Mariña e ó resto da provincia luguesa. Rocha dispón xa dunha equipación consistente nunha táboa de alta gama, funda, traxes de neopreno de inverno e de verán, outros accesorios, roupa, etc.
Ampla difusión nos medios de comunicación
15 medios de comunicación procedentes de toda España cubriron en directo as actividades programadas, desplazándose ata as praias luguesas para dar cobertura ó Surf-Camp durante os tres días de duración do evento, e que sumaron ás máis de 400 persoas, procedentes de diferentes recunchos de España, Holanda, Alemaña e Italia, e que se meteron no mar de Lugo para participar. O éxito de convocatoria, que o Surf-Camp renovou na súa segunda edición, serviu para aumentar a ocupación hoteleira da zona ata o 80% ou 90% amosando que, con iniciativas deste tipo, a Mariña tamén pode ser referencia turística fóra dos meses de verán.
Medios de comunicación especializados no mundo do surf, coma a publicación hispano–francesa Surf Limit, a brasileña Parafina; bloggers coma El blog de Occy, The Crazy Guecho, A Remojo e webs de surf coma Fuel Surf –a web nacional de surf máis visitada- ou Surf Galicia seguiron moi de preto a evolución dos campións e afeccionados no mar e, en breve, ofrecerán reportaxes sobre esta cita. A estes medios hai que sumar a presenza doutros de información xeral: cadeas de televisión coma La Sexta, que ofreceu unha reportaxe do Surf-Camp na edición de sábado dos seus informativos ou a TVG, que informou das actividades en programas coma A Solaina ou Revista de fin de semana. Hai que destacar que, tanto a televisión autonómica galega coma a canle internacional de TVE, elaboraron unha reportaxe que se emitirá o vindeiro 21 de abril, e que recolle os mellores momentos vividos na costa luguesa a pasada fin de semana.
O Surf-Camp tamén estivo presente na rede: diarios dixitais coma 20 minutos.es, que.es, diariosigloXXI.com, elperiodico.com, elimparcial.com ou público.es; as edicións en rede de xornais coma ABC ou La Nueva España; portais coma yahoo.com ou msn.com, ou plataformas de vídeo coma youtube.com ou dalealplay.com cubriron a multitude de actividades que tiveron coma escenario as praias da Mariña.
Apoio ós futuros profesionais
Os técnicos da Fundación TIC e os bolseiros da Escola de Imaxe e Son de Lugo tamén contribuíron co seu traballo á difusión do evento. Estes levaron a cabo a gravación íntegra das sesións do II Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo, que máis tarde foron difundidas ás axencias de noticias do país, edicións dixitais dos xornais e televisións nacionais, autonómicas e locais. Deste xeito, a TIC sumouse realizou uns traballados audiovisuais incluídos no plan seu de ensino, dirixido a proporcionar experiencia laboral ós titulados e alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo, complementando así a súa formación práctica e achegándoos ó mundo laboral.
























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
