NOTA DE PRENSA.-
PROGRAMAS E AXUDAS PARA MOZAS E MOZOS – PROGRAMA “ACTIVA”
Dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove, organizouse para o próximo día 20 de abril, en horario de 17:00 a 19:00 horas, o obradoiro “Programas e axudas para mozas e mozos”, que forma parte do Programa “ACTIVA” da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Esta xornada vai destinada a mozos e mozas menores de 30 anos, persoal técnico local de emprego, animadoras e animadores xuvenís, responsables municipais de xuventude, asociacións, grupos informais e, en xeral, calquera colectivo interesado no ámbito da xuventude.
Entre os contidos desta xornada destacan a información sobre a estrutura da rede galega de información e documentación xuvenil, instalacións da Xunta de Galicia a disposición da xuventude, espazos xove (casas da xuventude), participación e asociacionismo, emprego, vivenda, ensino e bolsas.
Este obradoiro pode ser de interese para a poboación xuvenil da Mariña Lucense e para todas aquelas persoas que están en contacto coa xuventude, dahí que dende a Concellería de Xuventude se realice un chamamento a todas aquelas persoas interesada da Mariña (mozos/as menores de 30 anos, técnicos de emprego, animadores xuvenís, responsables municipais de xuventude, asociacións, etc.), para que participen neste obradoiro.
O obradoiro vaise desenvolver na Oficina Municipal de Información Xuvenil. Para participar basta con acudir o día 20 de abril ás 17:00 horas a esta Oficina; por parte da organización do obradoiro, e co fin de facilitar unha mellor organización e control, pídeselle aos participantes que, se poden, chamen antes do día 18 de abril ao teléfono da OMIX de Xove (982571816) para confirmar a súa asistencia.
Remitido





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



