ADEGA E MARIÑAPATRIMONIO EVITAN DANOS NUN XACEMENTO ARQUEOLÓXICO CATALOGADO.
Un erro dos técnicos que catalogaron o castro de O Redondo déixano sen a protección legal que ampara este tipo de bens.
A Mariña, 13 de abril de 2012.- O 27 de febreiro de 2012 ADEGA e Mariñapatrimonio denunciamos perante o Servizo de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e o SEPRONA unha tala de eucaliptos que podía afectar o xacemento arqueolóxico de O Redondo, no lugar de Tarroeira, concello do Vicedo (Lugo). Este castro, catalogado dende o 2001, está protexido por lei para evitar o seu deterioro ou destrución, e calquera intervención nel debe ser autorizada pola Consellería de Cultura.
O 29 de febreiro os técnicos da Xunta realizaron unha inspección neste castro e constataron que, efectivamente, dentro das súas estruturas defensivas se estaba a realizar a tala denunciada, sen a preceptiva autorización. Comprobaron, ademais, que o “castro está mal situado”, o cal non quere dicir que os castrexos no seu momento levantaran o seu poboado nun lugar pouco axeitado, senón que os técnicos que o catalogaron situárono nun lugar equivocado. Deste xeito, estívose protexendo un xacemento inexistente ao tempo que se deixaba sen protección o castro de O Redondo.
Este novo caso de tala sobre un xacemento arqueolóxico e o erro na súa ubicación, confirman a ineficacia dos poderes públicos e a súa incapacidade para frear a continua agresión do noso patrimonio.
O Redondo é un impoñente castro de forma oval cuxos eixos miden 250m por 140m, dimensións pouco habituais nos castros da Mariña. Resalta especialmente o seu sistema defensivo, que consta dun enorme foxo de 25m de ancho e un potente parapeto de máis de 260m de largo e máis de 5m de alto. Conta, ademais, cun envexable estado de conservación. Sen dúbida, O Redondo é outra das xoias arqueolóxicas da Mariña que todos os interesados pola arqueoloxía deberían coñecer.
Remitido






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



