GRAN TOUR DE POLONIA
Mércores 18.Xullo-FOZ-MADRID-VARSOVIA
Saída punto a concretar de Foz, sobre as 06.30 Hrs para facer traslado ao Apto. Barajas. Presentación hora e media antes da saída para trámites de facturación e embarque. Saída en voo da Compañía de bandeira oficial de Polonia LOT.
MADRID/ 16.20 Hrs-VARSOVIA/20.05 Hrs
Asistencia no aeroporto e traslado ao Hotel. Tarde libre. Cea e aloxamento.
Xoves 19.Xullo-VARSOVIA-GDANSK
Almorzo no Hotel e saída para visita da cidade: o Parque Lazienkowski, onde se atopa o monumento a Chopin, o ?guetto? de Varsovia, o Monumento ao Soldado Descoñecido, Umschlagplatz ?lugar de deportaciones dos xudeus de Varsovia aos campos de concentración durante a ocupación alemá?, o Palacio de Cultura e Ciencia, a Rúa Krakowskie Przedmiescie, a cidade antiga de Varsovia co Castelo (Entradas inluidas)) e a Catedral de San Juan e a Praza do Mercado. A cidade antiga de Varsovia, declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, foi totalmente destruída durante a Segunda Guerra Mundial e reconstruída cun esforzo impresionante do pobo polaco nos anos de posguerra. Xantar en restaurante.
Pola tarde saída cara a Gdansk. Chegada, recepción, cea e aloxamento no Hotel.
Venres 20.Xullo-GDANSK
Almorzo, encontro co noso guía local para panorámica da cidade portuaria de Gdansk, creada polos cabaleiros da orde teutónica, posteriormente aliado á Liga Hanseática. Destacamos a Porta Alta, do S.XVI que dá acceso á Vía Real, na que se atopan as casas da burquesía ata chegar á praza do mercado coa fuete de Neptuno, a casa Artus, a casa dourada, etc. Veremos a capela real de estilo barroco, a igrexa de Ntra Señora co reloxo astronómico e o xuízo final de Hans Memling, obra mestra da pintura flamenca. Xantar concertado en restaurante.
Tarde libre para seguir gozando de Gdanst. Cea e aloxamento no Hotel.
Sábado 21.Xullo-GDANSK-MALBORK-POZNAN
Almorzo e saída dirección Malbork, a que fose sede independente dos cabaleiros teutóns. Encontro co noso guía local e visita ao impresionante castelo de Malbork, con territorio catro veces maior que o castelo de Windsor, é o maior do mundo construído en ladrillo. Xantar en restaurante concertado. Pola tarde continuamos ruta ata Poznan. Chegada ao hotel recepción, cea e aloxamento no Hotel.
Domingo 22.Xullo- POZNAN ? WROCLAW
Panorámica oficial de Poznan, trepidante metrópolis do oeste polaco. Xantar en restaurante concertado e visita guiada. Admirasen a Catedral de Ostrow Tumski,a igrexa de San Estasnislao e de Santa Magdalena, a Vella Praza do Mercado,etc. Saída cara a Wroclaw, xantar en restaurante concertado e panorámica da cidade, chamada ?a Venecia polaca?, bela cidade onde máis de 100 pontes e pasarelas atravesan o Oder e as súas ramificacións, veremos entre outros a Gran Praza, o Concello gótico (un dos máis grandes de Europa), a catedral, etc… Cea e aloxamento no Hotel.
Luns 23.Xullo-WROCLAW-OSWIECIM-CRACOVIA Saída cara a Oswiecim (Auschwitz), para visitar este triste lugar da historia europea (entradas incluídas), símbolo do Holocausto. Xantar en restaurante concertado. Saída cara a Cracovia, visita do barrio xudeu da cidade. Cea e aloxamento no Hotel.
Martes 24.Xullo- CRACOVIA ? MINAS DE SAL WIELICZKA
Almorzo no Hotel e visita de Cracovia, unha das cidades máis antigas e máis belas de Polonia, declarada pola UNESCO Patrimonio da Humaidad en 1978. O outeiro Wawel co Castelo (entradas incluídas) e a Corte renacentista, a Catedral, arquitectura románica, gótica, renacentista e barroca da Cidade Antiga (Stare Miasto), o Collegium Maius ?o máis antigo edificio da Universidade Jagiellonica?, a Praza do Mercado máis grande de Europa (Rynek Glowny), a torre do Concello, o antigo Mercado de Panos, a igrexa de Santa Virxe María co altar do xenial escultor Vito Stoss (entrada inluida), breve visita da muralla antiga preto da Porta de San Florián e da Barbacana. Paseo polo Casco Antigo de Cracovia, cunha presentación ?multimedia? da historia do ámbar ?o ouro de Polonia?. Xantar en restaurante.
Pola tarde pola tarde excursion ás Minas de Sal de Wieliczka (entradas inluidas). A Mina foi incluída na lista do Patrimonio Cultural da Humanidade da UNESCO en 1978. Desta mina hanse extraido 20 millóns de toneladas de sal desde ao ano 1044, conta con 9 niveis de tuneles que totalizan máis de 300 kilometros , dos que hoxe se explotan 8 niveis distintos ata 515 metros de profundidade. Pásase tamén a visitar o museo subterráneo con 13 salas que exhiben unha colección de maquinaria utilizada para a extracción do sal. Cea e aloxamento no Hotel.
Mércores 25.Xullo- CRACOVIA-MADRID-FOZ
Almorzo no Hotel. Libranza de habitacións e traslado en bus privado ao Apto. Presentación hora e media antes da saída para trámites de facturación e embarque. Saída en voo da Compañía de bandeira oficial de Polonia LOT. (Peño tentempié servido a bordo)
CRACOVIA/ 09.55 Hrs- VARSOVIA/10.45 Hrs
VARSOVIA/11.20 Hrs ? MADRID/15.20 Hrs
Chegada e traslado ata lugar de orixe.
Hoteis Previstos:
VARSOVIA – 4* NOVOTEL CENTRUM (céntrico)
GDANSK- 3* PESJDON (CÉNTRICO)
POZNAN – 4* NOVOTEL CENTRUM (céntrico)
WROCLAW ? 4* PARK PRAZA (céntrico)
CRACOVIA ? 4* NOVOTEL BRONOWICE (aprox 4 km do centro histórico)
? Taxas de aeroportos a revisar o día da emisión: 78?.
?
CONDICIÓNS XERAIS:
? Depósito reserva: 350 ?.
? Facilitar fotocopia dos DNI