O PRUX das Fragas do Eume: 15 anos nun caixón
4 de abril de 2012. En Galiza, o territorio cunha das meirandes biodiversidades de Europa, a Xunta non soubo estar á altura das súas necesidades de conservación: ridícula superficie protexida, ausenza de planos de xestión de espazos e especies, demolición controlada da protección ambiental… As Fragas do Eume, Parque Natural dende 1997, levan 15 anos sen PRUX (Plano Reitor de Uso e Xestión). No PRUX “establécense as previsións de actuacións da Administración no seu ámbito de aplicación” (art. 33.1 da Lei 9/2001). Este documento, en redacción xa antes de 2009, foi rematado en febreiro de 2011. Por lei, debería estar aprobado dous anos despois da declaración do Parque. Por que a Xunta o mantivo no caixón boicotando deste xeito a conservación efectiva das Fragas? [pdf] Táboa_reivindicativa_PLATAFORMA_FRAGAS_DO_EUME
Fronte ao discurso interesado de que o progreso (en particular o de algúns) está enfrontado á protección ambiental, a conservación da biodiversidade pode e debe ser motor de desenvolvemento sustentábel, comezando polo dos habitantes dos lugares protexidos.
A conservación da diversidade natural fica sempre ao cabo das prioridades reais e dos compromisos orzamentarios das administracións. Galiza segue tendo a menor superficie en Rede Natura 2000 de todas as autonomías (o 12%) moi por baixo da media estatal (28%), e a ampliación presentada pola Xunta en 2011 (15%) non é nin de lonxe suficiente.
Por outra banda, os instrumentos de xestión dos espazos protexidos, chave para garantir a conservación e o uso sustentábel seguen ausentes: o retraso na redacción e aprobación dos PORN (Planos de Ordenamento dos Recursos Naturais) e PRUX (Planos Reitores de Uso e Xestión) é escandaloso, por no falar dos Planos de Conservación e Recuperación das especies ameazadas, práticamente inexistentes.
Estes documentos, que debería redactar a Xunta nun prazo de dous anos após da declaración de espazo protexido, son vencellantes para todas as administracións con competencias (hidráulicas, de costas, enerxéticas, etc.). A día de hoxe, practicamente ningún espazo da Rede Natura conta con PRUX e mesmo no Parque Nacional das Illas Atlánticas (2002), ou os parques naturais das Fragas do Eume (1997) e Corrubedo (1992) están logo de moitos anos aínda en redacción.
Deste xeito, proxectos acuícolas, eólicos, mineiros, hidráulicos, desenvolvementos urbanísticos, etc. ao non estar expresamente excluidos nos preceitivos PRUX (porque non existen) poden implantarse en espazos protexidos cunha simples declaración de impacto favorábel, moitas delas de dubidoso rigor e con escandalosas omisións. Tal aconteceu cos aproveitamentos hidroeléctricos do Sil (Santo Estevo II), coa liña de alta tensión Trives-Aparecida, coas canteiras e parques eólicos do Xistral ou coas piscifatorías de Cabo Vilán, Rinlo, e Touriñán.
E nos espazos que deberían integrarse na Rede Natura, segundo a proposta que a Xunta elaborou en 2008 (bipartito, 18% do territorio), proxectos como canteiras e minas van reducindo día a día as posibilidades de contarmos cunha Rede Natura coerente, á altura da nosa riqueza natural.
A Xunta amosou pois unha escandalosa complicidade coa política dos feitos consumados e un intolerábel agravio comparativo para a cidadanía en xeral e os habitantes dos espazos protexidos que ven como limítanse os seus usos e impídese o seu desenvolvemento mentres piscifatorías, canteiras, encoros e eólicos teñen patente de corso para arramplar coa nosa biodiversidade.
ADEGA insta á Fiscalía a investigar a renuencia da Xunta no cumprimento da lei 9/2001, que non dubidamos en cualificar de criminal: hai uns responsábeis directos da catástrofe das Fragas (aínda por atopar) e outros cooperadores necesarios con cadeira en San Caetano que polo seu desleixo e neglixencia son cómplices tamén deste e doutros atentados contra o noso patrimonio natural.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



