EcoGal reclama un novo impulso democrático cun modelo de xefatura de estado
republicano
O armazón político-institucional saído da transición denótase
esgotado requeríndose un novo impulso democrático
EcoGaleguistas entende que estamos nun momento idóneo para
superar o modelo monárquico e facer a transición á República
Nos últimos tempos son moitas as sinais que indican que o modelo políticoinstitucional
saído da transición está esgotado: A falla de solucións aos grandes
problemas que ten a cidadanía; os casos de institucións inservibles, como as
deputacións, ou baleiras de contido, coma o senado; o crecemento transversal
dos casos de corrupción política e económica; o proceso de recorte no estado
de benestar; os intentos de recentralización e a imposibilidade xurídica para ir
máis aló nos procesos de autogoberno, tal como se aomosou coa sentencia do
Estatut de Catalunya…, levan a unha desafección cada vez máis grande da
cidadanía respecto da política que só se resolvería cun proceso de reformas
constitucionais de impulso democrático.
O xurdimento de ramalazos autoritarios, a tendencia a restrinxir dereitos e
liberdades ou atemorizar á cidadanía coa cultura do medo, son elementos
preocupantes nun momento de transición onde o que, pola contra, debería
florecer o republicanismo cívico e cidadá, o espíritu ilustrado, a laicidade, as
virtudes cívicas do Ben Común, constituíndo todos eles o mínimo común
denominador para vivir nunha sociedade democrática: a ética de mínimos, a
radicalidade democrática.
A constitución actual e o marco xuridico xurdido dela foron aprobados nun
momento de fortes presións e posibilidades involutivas que condicionaron a súa
letra, condicións que hoxe non existen. Por outra banda, máis do 70% da
poboación, por motivos de idade, non tivo a ocasión de participar na votación
da constitución e do estatuto actualmente vixente.
Estes xa son de por sí dous factores de suficiente relevancia a ter en conta.
Por outra banda, os recentes acontecementos ocorridos e que afectan á Casa
Real, ‘caso Urdangarin’ ou ‘Cacería en Botswana’, pasarían desapercebidos
noutro momento ou simplemente silenciaríanse. Hoxe isto non ocorre porque
tamén a Coroa, que noutro momento tiña aceptación social maioritaria entre a
poboación, non se libra tampouco desta desafección política, á que ademais,
non é allea.
Ademais actividades como a caza de elefantes teñen unha carga simbolica e
ética fortisima na xefatura dun estado moderno e democrático que deberia
estar preocupado polo medio ambiente e o respecto aos dereitos dos seres
humanos e non humanos.
É por iso que hoxe vivimos o momento dun novo impulso democrático onde
tamén se plantee o tránsito cara unha fórmula de xefatura do estado
republicana acorde co século XXI que, inevitablemente e por sentido común,
vai ser da cidadanía, parellamente a ‘agradecer os servizos prestados’ por
Juan Carlos I neste etapa política.
+ Info: www.ecogaleguistas.org
Remitido