A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN INVISTE ESTE ANO PRETO DE 700.000 EUROS EN OBRAS DE MELLORA NOS CENTROS EDUCATIVOS DA MARIÑA
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou o colexio Virxe do Carme de Burela, no que veñen de realizarse traballos que afectaron á fachada, ao peche exterior e á calefacción
Arias subliñou que o investimento dos últimos tres anos na reforma de colexios e institutos da comarca alcanza case os 4 millóns de euros
Incidiu no esforzo que realiza a Xunta na modernización das instalacións e dos sistemas de aprendizaxe en aras de incrementar a calidade do ensino en todos os planos
Lugo, 18 de abril de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou hoxe o Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Virxe do Carme, de Burela, para comprobar o estado do colexio despois das recentes obras de reforma ás que foi sometido e que supuxeron a mellora de servizos e das instalacións exteriores.
Os traballos, que sumaron un importe de 25.507 euros, consistiron na reparación do peche perimetral da parcela, substitución de dúas caldeiras de calefacción e construción dun porche cuberto no edificio do aulario, obra que contou coa colaboración do concello.
A delegada -que estivo acompañada polo xefe territorial de Educación, José Ramos Ledo, e o alcalde da localidade, José María González Barcia- destacou o esforzo inversor que realiza a Consellería na modernización e mellora das instalacións educativas. Así, afirmou que na comarca da Mariña invístense este ano 694.790 euros en traballos que beneficiarán a 11 colexios e institutos de secundaria.
“O estado das instalacións –afirmou Arias- está directamente relacionado co benestar da comunidade escolar, o que explica a actuación constante da Xunta no seu mantemento e mellora”. Nos últimos tres anos, engadiu, “o orzamento destinado á reforma de centros educativos da Mariña ascende a preto de 4 millóns de euros”.
Polo que respecta ao concello de Burela, nos últimos meses a Consellería de Educación acometeu tamén obras no CEIP Vista Alegre e no Instituto de Educación Secundaria (IES) Perdouro. Neste caso os traballos consistiron na substitución de canlóns no pavillón de mecanizado e alcanzan un custo de 24.197 euros mentres que no colexio procedeuse á reforma dos aseos do alumnado de infantil por importe de 5.786 euros.
Aposta pola calidade
A delegada expresou “o compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co desenvolvemento do sistema educativo en todos os planos”, tanto no que respecta á maior calidade das instalacións como á modernización dos sistemas de ensino.
Nesta liña, lembrou que tanto o IES Perdouro como o de Monte Castelo forman parte dende o pasado curso da rede Abalar, que incorpora a informática ás aulas como ferramenta básica de aprendizaxe. Así mesmo, a Xunta asigna 6.000 euros para o programa de orientación, reforzo e apoio que desenvolve o colexio Virxe do Carme.
Por último, a delegada quixo trasladar ao director do centro, Manuel Fernández Díaz, o seu recoñecemento “polo esforzo e o traballo que cada día realiza a comunidade educativa, desenvolvendo un labor primordial cos cativos e cativas que decidirán o modelo de sociedade cara ao que nos diriximos
Remitido





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



