O BURELA FS CUMPRE E IMPONSE AO BARCELONA B (3-0)
O Burela FS Pescados Rubén cumpriu onte e impúxose ao FC Barcelona B Alusport (3-0), no partido adiantado da 28ª xornada de Segunda. Con esta vitoria dá un paso moi importante para clasificarse para a fase de ascenso a Primeira, a falta de dúas citas para o remate ligueiro.
Os laranxas controlaron o encontro e as ocasións nos primeiros vinte minutos, aínda que tiveron que armarse de paciencia ata o 16 para adiantarse no marcador, cun lanzamento de Juanma que entrou pola escuadra desde o bordo da área. O propio capitán, en penalti, e Christian, en dobre penalti, non puideron aproveitar para incrementar as distancias.
Tras o descanso, os burelaos volveron gozar de boas chegadas, ante un rival que seguiu apostando por un fútbol sala vistoso, coa defensa adiantada. Iago Barro, moi oportuno, desartellou todas as tentativas dos cataláns. Juanma reapareceu, no minuto 25, para anotar desde os dez metros. De nada lles serviu aos blaugranas optar polo xogo de cinco nos úlitmos minutos; Iago Míguez sentenciou, tras un roubo de balón, no 37.
Cos deberes feitos e 38 puntos, o Burela FS deberá agardar os resultados da fin de semana co Oxipharma Granada-UMA Antequera e Hospitalet-UA Ceutí cruciais para os obxectivos laranxas.
Partido pertencente á 28ª xornada da tempada 2011/2012.
CD Burela FS Pescados Rubén
10 Vitorias | 8 Empates | 10 Derrotas
Puntos acumulados: 38
3
FC Barcelona B Alusport
12 Vitorias | 6 Empates | 10 Derrotas
Puntos acumulados: 42
![]()
0
Cancha de xogo: Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data: Sábado, 25 de Abril de 2012
Hora de inicio: 21.00 horas
Incidencias: 200 afeccionados/as
Corpo arbitral
González Moreta
Sánchez Chamorro
Alineacións
CD Burela FS Pescados Rubén
3
André Luiz Nogueira Fernandes
André
8
Juan Manuel Marrube Rodríguez
Juanma
13
Iago Barro Sánchez
Iago Barro
14
Víctor López Real
Víctor
23
Iago Míguez Expósito
Iago Míguez
11
Christian Palmeiro Chao
Christian
16
Antón Couto
Antón
20
Cleber Rafael Barbosa
Clebinho
FC Barcelona B Alusport
1
Julio Alberto Gracia García
Julio
3
Marc Tolrá García
Marc
4
Roger Serrano Bernat
Roger
8
David Asensio Palacios
Asensio
13
José A. Fernández Castellano
Joselito
5
Alejandro Constantino Viñas
Alex
7
Daniel Castro Martínez
Castro
9
Josep Font Ballesté
Pep Font
10
Javier Alonso Giménez
Javier Alonso
12
Oriol Anglora
Uri
17
Francisco Conde Moreno
Fran Conde
O partido minuto a minuto
Gol 1 – 0 Min. 16 | Juanma
Gol 2 – 0 Min. 25 | Juanma
Gol 3 – 0 Min. 37 | Iago Míguez
Remitido






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
