SOS abellas: a Xunta, axente comercial da patronal química e pasteira, cómplice de envelenar o monte
7 de abril de 2012. Diante da inmediata prohibición por parte da UE de pesticidas con flufenoxuron (1 de agosto de 2012) e das fumigacións aéreas (deber de incorporala na xurisprudencia estatal decembro de 2011, e de adoptar os planos de acción denantes de decembro de 2012) a industria química (BASF) e a patronal pasteira (ASPAPEL) están tentando “colocar” aceleradamente os stocks deste veleno. Unha estratexia que en Galiza pasa pola fumigación masiva con “Cascade” dos eucaliptais galegos contra o gorgullo do eucalipto. Como xa denunciamos ecoloxistas, abelleiros e sindicatos agrarios, este biocida resulta letal para as abellas e tóxico para o ambiente e as persoas. O que resulta lamentábel é que a Xunta esté actuando como axente comercial do lobby químico e pasteiro e esté “avalando”as fumigacións masivas nos nosos montes co lixo tóxico que dentro de poucos meses BASF terá que colocar no terceiro mundo. Asina esta petición para salvar as abellas galegas!
A fumigación con medios aéreos, en breve prohibida pola UE provocan que unha media do 40% dos produtos dispersados non acaden a área obxectivo e que os seus velenos fiquen espallados en quilómetros arredor do punto de fumigación. Deste xeito, o agrotóxico pode chegar a espazos naturais (afectando a especies protexidas), cultivos (derramando a produción ecolóxica), zonas habitadas, incorporándose nos nosos organismos.
carta-promafozDase a circunstancia ademais de que a aplicación masiva deste veleno, xenerosamenter promovido pola patronal pasteira “sen custo algún para os propietarios dos montes” e avalado pola Xunta, vai coincidir co periodo de máxima floración e actividade das abellas, co que o dano ecolóxico e a perda de colmeas e colleitas será máximo. Curiosamente co pacote do biocida, a Xunta ofrece tamén a posibilidade de aplicar un tratamento biolóxico cunha avispa australiana (Anaphes nitens). Trátase dunha burda estratexia de camuflaxe para disimular o entreguismo de Medio Rural ao lobby do eucalipto: o “Cascade”, matará tamén á Anaphes e a todo artrópodo nun radio de quilómetros.
ADEGA esixe á Xunta de Galiza que mire polas abellas galegas e pola saúde ambiental e cidadá e prohiba estas malas prácticas forestais, en troques de seguir facéndole o xogo ás empresas que se lucran inzando o país de eucaliptos e envelenando o ambiente con agrotóxicos prohibidos. As alternativas para combater as pragas forestais pasan por promover o uso dos métodos biolóxicos e sobre todo por unha política forestal que abandone o eucalipto e fomente a multifuncionaliedade do monte. Animamos a propietarios forestais, comuneiros e concellos a negarse a autorizar as fumigacións nos seus montes e denunciar estas prácticas.
á Xunta de Galiza que de marcha atrás no seu propósito de fumigacións aéreas con flufenoxuron, e que continúe co programa de control biolóxico por medio do parasito natural e específico do gurgullo Anaphes nitens, que ademais de ser un control respectuoso co medio ambiente ten demostrada a súa utilidade no control da praga. Así mesmo reclamamos unha outra política forestal que evite as enormes masas monoespecíficas de eucaliptos e se poña fin a plantación indiscriminada desta especie en calquera lugar do País, aínda non sendo zonas aptas para esa especie. Xa que estas dúas cuestións teñen unha responsabilidade directa na expansión do gurgullo e nas dificultades para o seu control.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



