As monitoras de Gaia realizaron onte a primeira actividade coa asociación Camiña, dentro dun ciclo que se desenvolverá ao longo de todo este mes de abril. Segundo informa a Concellería de Medio Ambiente de Burela “a reciclaxe do lixo centrou a tarde de onte. Aos participantes recalcóuselles cómo deben empregar os contedores amarelo, azul e o iglú verde para conseguir realizar unha axeitada recollida selectiva”. As monitoras de Gaia fixéronlles aos nenos unha pequena explicación práctica e despois houbo un obradoiro práctico para separar o lixo. Durante o mes de abril as monitoras de Gaia realizarán máis actividades coa asociación Camiña sobre seguridade no fogar, manualidades con material de desfeito e o uso responsable da auga.
