FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE OS TRABALLOS DE CONSOLIDACIÓN ESTRUCTURAL DA TORRE DOS MORENOS MARCHA A BÓ RITMO E AGARDA QUE REMATEN NAS VINDEIRAS SEMANAS. AS OBRAS QUE SE ESTÁN A REALIZAR ASCENDEN A 130.000 EUROS.
Ribadeo, 16 de abril de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que os traballos de consolidacion estructural da Torre dos Moreno marchan a bó ritmo e agarda que rematen nas vindeiras semanas. Esta actuación de emerxencia está a supoñer un desembolso de 130.000 euros, que costean Paisajes de Asturias (propietaria do 60% do edificio) e o Concello de Ribadeo (propietario do 21% do inmoble). Suárez Barcia considera que cando rematen estas obras de emerxencia haberá que abordar a urxencia de acometer a rehabilitación integral do edificio, pero tamén haberá que replantexarse o que vai facer o Concello de Ribadeo coa súa parte.
O rexedor sinalou que “están avanzado a moi bó ritmo as obras de consolidación estructural da Torre dos Moreno. As obras empezaron hai meses na fachada anterior do inmoble, na que da á praza do Cantón, onde xa se substituiron as columnas que estaban totalmente deterioradas e fora de servizo por outras novas, e agora a empresa realiza traballos de apuntalamento de apeo de toda a fachada da parte posterior da Torre dos Moreno”. O alcalde ribadense lembrou que “houbo que facer unha modificación do proxecto para facer un pouco máis ambiciosa a intervención, de cara a estabilizar toda a parte de atrás do edificio seguindo as recomendacións e os informes tanto da dirección de obra actual como da anterior ou incluso da empresa Intemac, que en numerosas ocasións nos recomendou tomar medidas urxentes”.
Suárez Barcia dixo que “o que estamos a facer a empresa Paisajes de Asturias, propietaria do 60% da Torre dos Moreno, e o Concello de Ribadeo, propietario do 21%, é asumir a execución duns traballos de emerxencia para evitar un problema de seguridade pública, de colapso dunha parte do inmoble que poida provocar danos a persoas, a viandantes, nunha das zonas máis concurridas de Ribadeo, que sempre está de coches e de persoas circulando polos seus arredores”. O alcalde de Ribadeo considera que “de emerxencia tamén é a rehabilitación integral da Torre dos Moreno, dado que as fachadas se atopan nun estado lamentable e moi perigoso. As obras que se están a realizar enmárcanse nun convenio asinado polo Concello con Paisajes de Asturias para iniciar esta intervención de emerxencia”.
O rexedor ribadense asegurou que “cando rematen ditas obras será cando desde o Concello teremos que reflexionar sobre cal debe ser o mellor destino desa propiedade, sen que o Concello deba renunciar a nada, pero sabendo que o Concello é propietario dunha porcentaxe de algo que está nunha situación de semi ruina”. Fernando Suárez agarda que “as obras rematen nas vindeiras semanas e unha vez que conclúan debemos afrontar a urxencia da rehabilitación integral, pero para iso o Concello terá que replantexarse qué vai facer coa súa parte, porque si un ten unha parte dun inmoble tamén ten que participar económicamente na súa rehabilitación. E á vista de que non se ven investimentos nin do Estado nin da Xunta nun inmoble tan importante coma éste o Concello deberá, coa súa responsabilidade, afrontar cal vai ser o mellor destino, pero primeiro de todo será preservar a seguridade pública de todos os veciños e viandantes que transitan pola zona”.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



