O BNG DE FOZ PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA QUE A XUNTA MANTEÑA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR EN FOZ
“Estamos a asistir é a un deterioro planificado dos servizos sociais para xustificar a súa privatización final, que é o que pretende o PP” afirma Basanta
Foz, 12 de abril de 2012.- O BNG de Foz acaba de presentar unha moción para que a Xunta asuma a súas responsabilidades en canto ao mantemento do servizo de axuda no fogar no Concello de Foz. A Xunta pretende que este servizo sexa asumido polos concellos que teñan menos de 20.000 habitantes. Deste xeito, a inmensa maioría dos concellos galegos, incluído Foz e todos os da Mariña, van a ser excluídos das axudas que até o de agora viñan recibindo da administración galega e moitos veranse obrigados a non poder dar o servizo.
O PP foi recortando ano tras ano as partidas para manter este servizo ata que finalmente o quere eliminar. Para este ano 2012, o plan concertado quedou na metade, en 12,4 millóns de euros e as partidas do programa de servizos sociais comunitarios foron eliminadas.
Para o BNG isto é moi grave pois que o goberno do PP na Xunta de Galiza se desentenda por completo dos servizos sociais comunitarios básicos significa que os usuarios e usuarias terán que pagar máis ou no peor dos casos a que os servizos desaparezan. Ademais é unha irresponsabilidade por parte da Xunta trasladarlle máis cargas aos concellos na situación económica na que están e traerá como consecuencia a perda de moitos postos de traballo das persoas que realizaban este servizo.
Compre salientar que o Servizo de Axuda no Fogar Básico ou de libre concorrencia é ao que teñen que recorrer as persoas con problemas de desestruturación familiar, casos de enfermidade aguda tras alta hospitalaria, persoas en situación de dependencia aínda non valoradas, persoas en situación de dependencia valorada e con dereito pero que non teñen o acceso ao Servizo de Axuda no Fogar ou outra prestación asignada (por estar en lista de espera que hoxe en Galiza supera as 27.000 persoas).
Segundo o BNG, a Xunta de Galiza debe asumir as súas competencias e garantir uns servizos sociais comunitarios acorde coas necesidades da poboación. E garantir e xestionar un servizo público básico que debe chegar en igualdade de calidade e dereitos a todos os galegos e galegas independentemente do concello onde vivan, como acontece coa sanidade e co ensino. “O goberno do PP na Xunta discrimina desta forma claramente ás persoas que viven en concellos pequenos e vai deixar abandonadas á súa sorte a moitas persoas que non poderán pagar estes servizos” declarou o portavoz municipal do BNG no Concello, Xan Carlos González Basanta
Na moción do BNG, deixamos claro que o goberno do PP na Xunta de Galiza ten a obriga de garantir o funcionamento do Sistema Galego de Servizos Sociais e co último decreto aprobado lesiona gravemente os dereitos das persoas e pon en grave risco o sistema de servizos sociais. “O que estamos a asistir é a un deterioro planificado dos servizos sociais para xustificar a súa posterior privatización que é o que pretende o PP” dixo Basanta.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



