
De esquerda a dereita e de arriba abaixo: Xevi (delegado), Noel, Iker, David, Samuel, Enol, Nito (adestrador), Yago, Pablo, Pol, Álvaro, Borja, Izan e Miguel
Logo de xogarse todos os partidos da liga e de celebrarse os play-off, o Burela A venceu nestes ao Mondoñedo e o Foz fixo o propio co Burela B.
Nun partido moi igualado, xa que os dous equipos coñécense á perfección, con oportunidades claras para ambos , a balanza finalmente decantouse para o Foz, que se alzou coa vitoria na quenda de penaltis.
O Burela sempre foi por diante no marcador. O primeiro gol conseguiuno Pol en xogada persoal, empatando o Foz minutos mais tarde; con este resultado púxose fin á primeira metade.
Xa na segunda parte, lanza unha falta David e o balón vai ao traveseiro, recolle o rexeite Noel e adiántase de novo o Burela, pero faltando escasos minutos e nun rexeite do porteiro do Burela Samuel , o Foz conseguiu de novo levar o balón ás mallas, chegando ao final do encontro co coñecido 2-2.
Desde os nove metros estivo mais acertado o Foz, conseguindo a copa que o acredita como campión comarcal nesta categoría.
Ao partido asistiu un número importante de afeccionados e en todo momento reinou a deportividade e o xogo limpo.