O mércores día 18 actuou na igrexa parroquial de Adelán (Alfoz) o Coro do Instituto de Foz, dirixido por Fernando Allen. Cantaron preto de 40 rapaces. O templo rexistrou un cheo absoluto. Interpretaron 6 temas e repetiron algúns, a petición do público, destacando un tema da película “Los chicos del coro”. Unha actuación memorable. Parabéns para todos
