O HOSTALEIRO ROBERTO RIVAS TOMEI ENCABEZA A ÚNICA CANDIDATURA PRESENTADA ÁS ELECCIÓNS PARA ELIXIR A NOVA XUNTA DIRECTIVA DE ACISA.
Ribadeo, 4 de abril de 2012. O hostaleiro Roberto Rivas Tomei (restaurante O Mariñeiro) encabeza a única candidatura presentada ao proceso electoral para elixir á nova xunta directiva que dirixirá a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo durante os dous próximos anos. Acompáñanlle como vicepresidenta Mª del Mar Torviso Berdeal (Global Óptica); como secretario Roberto Ramos Piñeiro (Sete Pecados e Eurekakids); e como tesoureira Manuela Torviso Pérez (Mercería Torviso). Na candidatura figuran como vocais: Manuel Sanjurjo Gómez (bar A Ribeira); David Fernández Feijóo (Nordés Náutica); José Antonio Lombardero Bellón (bar Queimada); Jorge Trénor López (A Botellería); Ramón Leivas Lavandeira (Garaxe San Andrés) e Francisco Manuel Iriarte Quintana (Gráficas Ribadeo).
O artigo 19 dos estatutos de ACISA recolle que de non existir máis que unha candidatura presentada a devandito proceso electoral será automaticamente declarada órgano de goberno.
Roberto Rivas Tomei era na actualidade o secretario de ACISA. O colectivo estivo presidido nos dous últimos anos por Francisco Iriarte, que agora continúa como vocal na xunta directiva do mesmo xeito que Ramón Leivas, que ata a data era o vicepresidente de ACISA. Tamén continúan Mª del Mar Torviso que foi tesoureira e agora converterase en vicepresidenta; Manuela Torviso que era vocal e agora será a tesoureira e segue tamén como vocal Manuel Sanjurjo Gómez. Incorpóranse á nova directiva Roberto Ramos, como secretario e como vocais: David Fernández, José Antonio Lombardero e Jorge Trénor.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



