Nacionalistas e socialistas elaboraron e aprobaron a lei que establece as competencias das distintas administracións en materia de financiamento dos servizos sociais
MANUEL PARGA (BNG) CAE NO ABSURDO DE CRITICAR O DECRETO QUE DESENVOLVE A LEI DE SERVIZOS SOCIAIS QUE EL MESMO VOTOU FAVORABLEMENTE COMO DEPUTADO
Balseiro nega con rotundidade o alarmismo do BNG e insiste en que ningún concello galego deixará de recibir da Xunta o financiamento necesario para soster o servizo de axuda no fogar das persoas maiores dependentes.
“Este deputado do BNG e o resto dos seus compañeiros de partido si que non teñen alma, porque buscan meter o medo no corpo aos colectivos máis vulnerables: persoas maiores e dependentes, enfermos… a súa oposición baséase en enganar á xente”
Balseiro lembra que o vicepresidente nacionalista da Deputación non se presenta ás reunións ás que foi convocado desde a Consellería de Traballo e Benestar para abordar este asunto o que demostra o seu único interese partidista e a falta de credibilidade dos seus argumentos.
A Mariña, 28 de abril de 2012.- O deputado nacionalista Manuel Parga cae no absurdo de criticar o novo Decreto de servizos sociais aprobado pola Xunta pese a que se limita a desenvolver a lei que o el mesmo votou favorablemente como deputado. Jose Manuel Balseiro Orol lembroulle ao nacionalista que de feito foi na pasada lexislatura cando os deputados do BNG e do PSOE -incluído o propio Manuel Parga- aprobaban a lei de servizos sociais que establece as competencias das distintas administracións en materia de financiamento de servizos sociais.
Jose Manuel Balseiro considera “moi lamentable” que “día tras día durante os últimos catro anos” sexa obrigado saír ao paso das “manipulacións, mentiras e alarmas sen fundamento” que se “inventan” desde o BNG e que levoulles a realizar a afirmacións tan absurdas como que se pecharía o hospital ou, agora, que desaparecerán os servizos municipais de axuda no fogar. “Este deputado do BNG e o resto dos seus compañeiros de partido si que non teñen alma, porque buscan meter o medo no corpo aos colectivos máis vulnerables: persoas maiores e dependentes, enfermos… a súa oposición baséase en enganar á xente” -sinalou Balseiro- aínda que augurou que son “mentiras de corto percorrido”.
O deputado popular insistiu en deixar claro que “é totalmente falso que se poña en cuestión a axuda no fogar” e afirmou que “a Xunta garante os servizos sociais nunha situación económica de crise”, de feito, “ningún concello galego, nin mariñán, deixará de recibir da Xunta o financiamento necesario para soster o servizo de axuda no fogar das persoas maiores dependentes e do persoal dos servizos sociais municipais “algo que todos os alcaldes xa saben”. O único que indica a lei e o decreto é -concluíu Balseiro- que nos concellos de menos de 20 mil habitantes tamén terá que colaborar a Deputación neste soporte.
O BNG SEN CREDIBILIDADE
Co obxecto de “desenmascarar” a estratexia nacionalista de “engano” Balseiro lembra o comportamento que tivo o vicepresidente da Deputación de Lugo, o dirixente do BNG Antón Veiga, que promoveu unha xuntanza cos alcaldes da provincia para que se opuxeran ao novo decreto ao mesmo tempo que non se presentaba, non quixo asistir, ás reiteradas xuntanzas ás que se lle convocou desde a Consellería de Traballo e Benestar para abordar este asunto e establecer as liñas de colaboración entre Xunta e Deputación de Lugo. “Está claro- conclúe Balseiro- que o BNG é un partido sen credibilidade e sen argumetnos neste asunto, cuxo único interese é político e partidista, desgastar ao goberno en base a mentiras”.
Remitido




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



