O PP burelés apoia o plan de axuste formulado polo goberno municipal.
Considera “unha irresponsabilidade a ausencia dos grupos da oposición” ó pleno do xoves.
Os populares reiteran que “agora páganse os derroches de outros”.
Burela, a 31 de marzo de 2012.- O Partido Popular de Burela mostrou hoxe o seu absoluto apoio ó plano de axuste aprobado polo Concello de Burela no pleno celebrado o pasado xoves día 29. Desde as filas do PP, indicaron que “toca agora pagar os derroches de outros”, e lembraron que na relación de facturas enviada a Hacienda para o pago a proveedores “non figura ningunha da etapa anterior do PP, agás unhas facturas de Espina y Delfín, xa aclaradas no seu día polo actual alcalde, que o bipartito non foi capaz de pagar e por riba inflando máis ainda a débeda coa empresa, en contra do manifestado por Nieves Cando”.
Para os populares, o Plan de Axuste plantexado polo equipo que lidera González Barcia “é a única saída para que os autónomos e pequenas e medianas empresas poidan cobrar as súas facturas, e con eses cartos ir mantendo postos de traballo”.
Desde o PP burelés, afirman que “as declaracións de Nieves Cando están feitas desde a convicción de quen se sente culpable do desaguisado económico e do derroche dos últimos catro anos. Ninguén no seu sano xuicio pode afirmar que as facturas de 2011 corresponden na súa totalidade ó PP; todo ó contrario, o oitenta por cento das facturas de 2011 son ‘os marróns’ que o bipartito deixou, e máis ainda esta señora amante de gastar sen control os cartos de todos. Chega con lembrar o que disparou os gastos das festas patronais do pasado ano, ou que non foi capaz de asinar unha factura da súa delegación correspondente a un proveedor de Burela cun importe de máis de sete mil euros, o que demostra que o que menos lle importa é que os proveedores cobren”.
O PP pídelle a Nieves Cando que, “se hai algunha irregularidade ou discriminación no pago das facturas do concello, o que tén que facer é denuncialo no xulgado, e decir públicamente nomes de proveedores e empresas. É boa verdade que pensa o ladrón que todos son da súa condición”.
“As afirmacións de que o PP fai un ERE están na liña política habitual de Nieves Cando, sementar infundios. O equipo de goberno tén que adaptar os recursos que tén o concello á situación actual, e nese sentido terá sempre o apoio do Partido Popular”.
Para os populares, “a presunta subida de impostos da que fala a portavoz do Grupo Mixto non se axusta ó que indica o plan de axuste e demostra o seu descoñecemento da normativa vixente: a subida do IBI a partires de 2017 non suporá ningún incremento adicional sobre o que xa está establecido, e o imposto sobre plusvalías, que aplica o concello de Ribadeo, por exemplo, gobernado polo BNG, ou o de Lugo, onde gobernan PSOE e BNG, non grava os bens inmobles senón a compra-venda dos mesmos”.
Todo o indicado, segundo os populares, demostra que “unha vez máis, Nieves Cando deforma as cousas para tentar confundir ós veciños; ese camiño levouna a acadar un só concelleiro e que o BNG non fose capaz de conseguir grupo político propio no concello de Burela. Se segue así, tampouco o conseguirá nun futuro, porque unha persoa que estivo gobernando no concello hasta hai dez meses tén que presentar propostas e non limitarse ó que ela se limita, a confundir á xente sementando infundios que para nada se axustan á realidade”.
En relación coa ausencia dos grupos da oposición, o PP de Burela considera “unha enorme irresponsabilidade que non asistiran ó pleno. Preferiron facer folga, algo que consideramos lexítimo, pero esquceron que eles non son persoal contratado polo concello. Máis ben, teñen un contrato cos cidadáns, con todos, aqueles que lles votaron e aqueles que non lles votaron, e é precisamente nas sesións plenarias onde se debate os asuntos que lles afectan ó conxunto dos cidadáns”.
Para os populares, “o verdadeiro motivo da ausencia da oposición radica en que eles son os culpables da relación de facturas que houbo que enviar a Hacienda, e polo tanto son os culpables de que haxa que facer agora un plano de axuste. E como non saben dar a cara, non asistiron ó pleno, demostrando unha cobardía política sen igual”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



