O PP de Mondoñedo pídelle ao goberno local que inste ás empresas adxudicatarias das obras da A-8 a que arranxen os estragos ocasionados noutras vías municipais
Os veciños manifestaron as súas queixas polo deterioro de estradas colindantes á autovía ocasionado pola circulación de camións de gran tonelaxe
Mondoñedo, 4 abril de 2012.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Mondoñedo pídelle ao goberno local que inste ás empresas adxudicatarias das diferentes obras de adecuación da A-8 a que arranxen os estragos que os traballos realizados na autovía ocasionaron noutras vías colindantes de carácter municipal.
Varios veciños das parroquias polas que discorre a Autovía do Cantábrico manifestaron as súas queixas polos trastornos que as obras da A-8 ocasionaron en estradas polas que deben discorrer á diario. Este deterioro do vial débese principalmente á circulación continuada de camións de gran tonelaxe. Ante isto, o PP local cree necesario solicitarlle ás empresas encargadas de realizar as obras na vía de circulación de alta velocidade, que arranxen os danos ocasionados nas estradas.
Un exemplo desta situación de deterioro do vial maniféstase nunha pista da parroquia de Vilamor, única via de comunicación entre a Nacional VI e un dos poucos negocios rurais de hostalería da zona.
Esta vía municipal, que permite o enlace entre os barrios do Grove e Calvela, presenta un socavón que dificulta o tránsito na zona. O deterioro da estrada ocasionouse pola circulación reiterada de camións cisterna de auga de gran tonelaxe. A perigosidade na vía acrecéntase polo derrubo do firme da estrada nun dos terrapléns laterais.
O mal estado da estrada amósase dende o verán e pese a que veciños da zona falaron coa empresa dona dos camións para que adecúase o vial, a situación mantense sen o menor arranxo. Ante isto o grupo popular solicítalle ao goberno municipal que inste ás empresas a que conserven as estradas e que o bipartito demostre así interese polas necesidades dos veciños e polas demandas dos negocios da zona, e máis tendo en conta a situación económica pola que está a pasar a comarca da Mariña.



















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



