O PP local pídelle ao alcalde que antes de sinalizar as prazas de aparcadoiros no entorno da Fonte Vella reúna aos veciños afectados
O grupo local pídelle ao rexedor mindoniense que escoite aos veciños que veñen de xeito reiterado protestando polas obras executadas nese entorno e non queren sufrir máis trastornos ao prohibir o estacionamento
Mondoñedo, 4 de abril de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo ponse a disposición dos veciños das rúas afectadas para tratar de buscar a alternativa menos mala a prohibición dos aparcadoiros nese entorno.
A portavoz do Partido Popular, Elena Candia, reiterou o compromiso do Partido Popular cos veciños que de xeito inxustificado veñen sufrindo os trastornos dunhas obras, que sempre consideraron mal planificadas e criticaron o arranxo de beirarrúas que recentemente foran renovadas
Candia pídelle ao rexedor que escoite aos veciños afectados e negocios nun momento económico tan delicado para Mondoñedo.
A política sancionadora en materia de tráfico vén sendo rexeitada enerxicamente por parte do PP local, dado o prexuízo económico que supón para os veciños e veciñas da localidade, e sendo tan insensible como o feito de sancionar nas proximidades do centro de saúde as persoas que veñen a urxencias, ante unha situación de inmediatez e sancionando, cando por parte do equipo de goberno, NON SE OFRECEN ALTERNATIVAS PARA ESTACIONAR
Candia cre que esta actitude de procura de consenso e de solucións sempre a prol dos traballadores é a pauta de traballo a seguir, antepoñendo sempre a actividade económica dos negocios e autónomos das rúas afectadas. Candia cualifica de irresponsable o proceder dun goberno bipartito que leva tres anos sen preocuparse por unha problemática que conlevou importante perdas económicas no concello nos negocios que non poden atraer aos clientes que estacionan para mercar e levan unha sanción económica.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



