A necesidade dunha nova política enerxética é froito do desmesurado déficit tarifario que deixou o Goberno socialista central: 24.000 millóns de euros, unha débeda que o PSOE multiplicou por 17 en oito anos
O PARLAMENTO ASUME A EMENDA POPULAR E APROBA POR UNANIMIDADE PEDIR AO ESTADO A REDUCIÓN DAS TARIFAS ELÉCTRICAS QUE ABONA ALCOA
A multinacional do aluminio, con centros de traballo en San Ciprián e A Coruña, é considerada polo Goberno galego como unha empresa estratéxica para Galicia pola súa capacidade de xeración de emprego, pola súa importancia produtiva e porque achega riqueza e valor engadido ás localidades nas que se sitúa
Tras o acceso do PP á responsabilidade de Goberno en Galicia, a Xunta ten mobilizado 4 millóns de euros en axudas directas en apoio de proxectos gasísticos que buscan garantir a viabilidade e competitividade desta compañía
Santiago, 10 de abril de 2012.- O Parlamento de Galicia asumiu a emenda do Partido Popular e aprobou por unanimidade pedir ao Goberno do Estado a revisión e redución das tarifas eléctricas que abona Alcoa e outras empresas industriais consideradas como grandes consumidores de enerxía eléctrica. A importancia desta decisión vén dada porque a factura da luz é o principal custe de produción desta compañía e, polo tanto, acordar a súa variación á baixa inflúe significativamente na competitividade e viabilidade da mesma.
O deputado popular José Manuel Balseiro sinalou na súa intervención a importancia deste acordo que busca contribuír a apoiar a unha compañía que o propio Goberno galego e o PP considera como “estratéxica para a nosa comunidade”: pola súa capacidade de xeración de emprego, pola súa importancia produtiva e porque achega riqueza e valor engadido ás localidades nas que se sitúa. Non en vano, esta multinacional do aluminio, con centros de traballo en San Ciprián e na Coruña, xera máis de 2.500 empregos, tanto directos como indirectos.
DESMESURADO DÉFICIT: HERDANZA SOCIALISTA
O deputado popular quiso deixar claro, en todo caso, que a necesidade dunha nova política enerxética e un cambio nos conceptos de pago da factura da luz vén obrigada polo desmesurado déficit tarifario que deixou o Goberno socialista central, e que ascendeu a 24 mil millóns de euros. “Unha débeda que o PSOE, cunha xestión máis que sospeitosa, multiplicou por 17 en dúas lexislaturas e que obriga agora a revisar os custes enerxéticos”, puntualizou o deputado popular.
Jose Manuel Balseiro lembrou, finalmente, que tras o acceso do Partido Popular á responsabilidade de Goberno en Galicia, a Xunta ten mobilizado 4 millóns de euros en axudas directas en apoio de proxectos gasísticos que buscan garantir a viabilidade e competitividade desta compañía.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



