Pide revisar as que foron obxecto de procesos de concentración parcelaria a fin de estudar a posibilidade de deixalas fora da ampliación da Rede por ser terras de eminente vocación agrícola nas cales se fixeron movemento de terras
O PPDEG SOLICITA UNHA ESPECIAL CONSIDERACIÓN ÁS ZONAS AGRARIAS DENTRO DA PROPOSTA DE AMPLIACION DA REDE NATURA 2000
No caso de que non sexa posible deixalas fora da Ampliación, pide estudar a posibilidade de incluílas dentro da Zona 3 de Usos Xerais, que establece un valor de conservación medio e baixo de asentamentos e núcleos rurais segundo establece o Plan Director da Rede Natura 2000
Solicita propoñer ante a Comisión Europea que na Política Agraria Común para o 2014-2020 se contemplen incentivos específicos para as actividades agro-ganderias en territorio de Rede Natura
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2012.- O Partido Popular ven de presentar no Parlamento unha Proposición non de Lei encamiñada a solicitar unha especial consideración as zonas agrarias que foron obxecto de concentración parcelaria dentro da proposta de ampliación da Rede Natura 2000. Neste sentido, demanda que se contemple a dinamización económica destes espazos, dentro dos eixos comunitarios de actuación, de carácter prioritario, así como incentivos para a reforestación con especies autóctonas nas zonas declaradas Rede Natura.
O Grupo Popular, a través da súa deputada Emma Álvarez Chao, pide que se revisen todas e cada unha das zonas da proposta de ampliación de Rede Natura que foron obxecto de procesos de concentración parcelaria, a fin de estudar a posibilidade de deixalas fora por ser terras de eminente vocación agrícola nas cales se fixeron movemento de terras. De non ser posible deixalas fora, Álvarez Chao demanda estudar a posibilidade de incluílas dentro da Zona 3 de Usos Xerais do Plan Director de Rede Natura 2000 en Galicia, cun valor de conservación medio e baixo en territorio de asentamentos e núcleos rurais.
ZONAS RURAIS PRIORITARIAS
Este Plan, en tramitación na actualidade, vai a ser o marco legal que regule os usos e actividades permitidos nos espazos que forman a Rede Natura 2000, cuia proposta de ampliación inclúe representacións superficiais en 235 concellos galegos, a fin de garantir os obxectivos de conservación dos mesmos.
O Grupo Popular solicita, así mesmo, contemplar dentro dos eixos comunitarios de actuacións no medio rural as zonas que están en Rede Natura 2000 “como espazos de carácter prioritario para dinamizalos economicamente, así como incentivos para a reforestación con especies autóctonas nas zonas declaradas como Rede Natura”.
O Grupo Popular solicita tamén propoñer ante a Comisión Europea que na Política Agraria Común para o 2014-2020 se contemplen incentivos específicos para as actividades agro-ganderias en territorio de Rede Natura
AUTORIZACIÓNS DESDE OS CONCELLOS
Así mesmo, na iniciativa parlamentaria o PPdeG solicita que se faculte aos concellos, como administración máis próxima aos cidadáns, para tramitar as autorizacións para desbroces nas zonas incluídas dentro da Rede Natura 2000, así como achegar un resumo práctico do Plan Director a todos os concellos con territorios incluídos a fin de que sexa distribuído entre todos os propietarios de predios en Rede Natura.
A voceira de Montes do PPdeG, Emma Álvarez Chao, indicou que na Proposición non de Lei se insta á Xunta a facer un protocolo de actuación detallado, claro e conciso no que se recollan os usos permitidos e prohibidos en cada una das zonas de zonificación do Plan Director a fin de que os axentes de campo “teñan un manual concreto con consideracións obxectivas para afrontar as actuacións dos territorios incluídos dentro da Rede Natura 2000”.
Remitido


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



