Ourizo do Mar: unha actividade con futuro
Tal e como advertimos no seu momento -desde o PP- a decisión do anterior Goberno bipartito de permitir a extracción de ourizo mariño aos afeccionados, así como o cambio e inclusión do mergullo como nova fórmula de explotación, provocou un impacto negativo neste recurso e contribuíu a súa escaseza no noso litoral, prexudicando dun xeito evidente aos profesionais que participan nas campañas de captura do ourizo.
Os que daquela advertíamos o que hoxe confirman os informes científicos, alertábamos de que a decisión da administración gobernada por PSOE e BNG supoñía poñer en risco o aproveitamento dun produto do mar como é o ourizo que, de recibir escasa atención gastronómica, pasou a significar unha exquisitez moi valorada por aqueles que entenden da boa cociña.
Os feitos veñen de demostrar que a decisión do Goberno bipartito non era sostible, nin social, nin ambiental, nin economicamente. Por iso, era preciso dar un golpe de temón cara ao futuro, un cambio de rumbo, e facelo conxugando con harmonía e intelixencia a colaboración co sector nos tres ámbitos sinalados.
De aí que atendendo ás nosas demandas, ao sentir dos propios profesionais e á vontade firme e comprometida da Xunta de Galicia, cómpre sinalar como especialmente acertada e digna de parabéns a posta en marcha do plan elaborado polo equipo actual da Consellería do Medio Rural e do Mar, para impulsar o proxecto de rexeneración do ourizo nas rías Altas galegas e, polo tanto, na costa norte das provincias de Lugo e da Coruña.
Un plan que nace para servir ás xentes do mar na Mariña lucense, a todas aquelas que queren seguir tendo no mar, e no aproveitamento comercial do ourizo mariño, unha fonte de traballo. Podemos contribuír dalgún xeito á obriga de recuperar as cifras positivas de crecemento do emprego no marisqueo, pensando que estas non son unha estatística, senón que reflicten a un importante número de persoas que poden obter no ourizo parte do seu sustento e, sobre todo, recuperar a ilusión por unha actividade ligada ao medio natural e fixadora de poboación.
O plan contempla accións de recuperación no litoral da Mariña para que o esmorecemento progresivo ao que se ten sometido esta actividade torne o seu rumbo cara á puxanza, cara á recuperación produtiva e laboral. Faise, ademais través dunha colaboración e cooperación intelixente co proio sector, con accións plurianuais para rexenerar os bancos naturais nas que se implica á práctica totalidade das confrarías da Mariña lcuense, ao Centro de Cultivos e Investigacións Mariñas de Ribadeo (CIMA) e o Minicriadeiro do Vicedo.
No Partido Popular queremos que Galicia, a Galicia mariscadora, siga a ser unha fonte de achega de emprego e de beneficio económico, tanto a través da extracción como tamén pola comercialización e transformación dos produtos mariños. Que mellor forma que facelo que recuperando unha actividade tradicional que está a darse na nosa costa desde fai moito tempo. Queremos facer da explotación responsable do ourizo do mar unha actividade de futuro.
Jose Manuel Balseiro Orol, Voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular

















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



