ATA O VINDEIRO 11 DE MAIO ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS, SEGUNDO INFORMA A DELEGACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS.
Burela, 26 de abril de 2012. A Concellería de Servizos Sociais informa que o prazo do Programa de Benestar en Balnearios (anteriormente Turismo Social) da Xunta de Galicia, dirixido ás persoas maiores, permanece aberto ata o 11 de Maio. Os interesados en disfrutar de dito programa deben cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista.
b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Valerse por sí mesmo, atoparse en consicións de asistir ó Programa e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.
d)Non padecer trastornos mentais ou conductuais que poidan altera-la convivencia durante o transcurso da quenda.
e)Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
f) Ter uns ingresos persoais mensuais, procedentes de pensións ou de calquera outro concepto, inferiores a 763,61€.
g) Efectuar a oportuna inscrición e pagamento do prezo estipulado (agás no caso de parazas gratuitas), no prazo que se estableza.
A Delegación de Servizos Sociais, que dirixa Diana Durán, engade que poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga á conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reúnan as condicións dos apartados b), c), d), e), f) e g).
As persoas solicitantes poden pedir balnearios de calquera provincia, sendo o desprazamento por conta dos beneficiarios. Para obter máis información e parab entregar a documentación e a solicitude os interesados deberán dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Burela, de 8 a 15 horas.
Remitido
A CONCELLARÍA DE SERVIZOS SOCIAIS INFORMA QUE ATA O 11 DE MAIO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2012.
Ribadeo, 26 de abril de 2012. A Concellaría de Saúde e Servizos Sociais informa que ata o vindeiro 11 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar no Programa Benestar en Balnearios 2012. Os interesados en obter información sobre este asunto deben dirixirse aos Servizos Sociais Comunitarios que están no auditorio municipal Hernán Naval.
Obxecto:
Convócanse un total de 720 prazas para participar no Programa Benestar en Balnearios 2012, a desenvolver nas quendas e nos balnearios que se relacionan máis adiante.
A opción das prazas que se ofertan este ano corresponden a modalidade de Balnearios todo incluído, e a selección farase nas Xefaturas Territoriais.
Persoas beneficiarias e requisitos
Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
a. Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
b. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
c. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no Programa.
d. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais condutuais non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
e. Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
f. Ter uns ingresos persoais mensuais, procedentes de pensións ou de calquera outro concepto, inferiores a 763,61 €.
g. Efectuar a oportuna inscrición e pagamento do prezo estipulado, no prazo e termos que se establecen nos apartados que se indican na resolución.
Así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga a conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reúnan as condicións dos apartados b), c), d), e), f) e g).
Os requisitos establecidos nos apartados c), d) e e) acreditaranse mediante declaración responsable do estado de saúde efectuada no modelo que acompaña á solicitude.
Balnearios
Listaxe de quendas e balnearios incluidos no programa 2012
As persoas solicitantes poden pedir balnearios de calquera provincia, sendo o desprazamento por conta das beneficiarias.
Prezo da praza por destino para a/o participante
| Balnearios | Prezo por praza |
| Balneario de Acuña. Caldas de Reis (Pontevedra) | 370,64 € |
| Balneario de Arnoia. Arnoia (Ourense) | 370,64 € |
| Balneario de Augas Santas. Ferreira de Pantón (Lugo) | 391,76 € |
| Balneario de Baños da Brea. Vila de Cruces (Pontevedra) | 370,64 € |
| Balneario de Baños de Molgas. Baños de Molgas (Ourense) | 310,88 € |
| Balneario de Caldelas de Tui.Tui (Pontevedra) | 310,88 € |
| Gran Balneario. O Carballiño (Ourense) | 310,88 € |
| Balneario de Carballo. Carballo (A Coruña) | 370,64 € |
| Termas de Cuntis. Cuntis (Pontevedra) | 391,76 € |
| Balneario de Laias. Cenlle (Ourense) | 391,76 € |
| Balneario de Lobios.Lobios (Ourense) | 370,64 € |
| Balneario do Río Pambre. Palas de Rei (Lugo) | 370,64 € |
| Balneario Termas Romanas. Lugo (Lugo) | 391,76 € |
Documentación
Solicitude, na que se cubrirán todos os datos requiridos, tanto do solicitante como do cónxuxe ou acompañante cando proceda.
Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede ( no caso de non asinar na solicitude a autorización para a súa consulta)
Declaración responsable do estado de saúde do solicitante e a do cónxuxe ou acompañante se procede, no apartado incluído na solicitude.
No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta.
Lugar de presentación:
Servizos Sociais Comunitarios
Excmo. Concello de Ribadeo
(Auditorio Municipal Hernán Naval)
Rúa Buenos Aires, nº 14
982120808
Prazo de presentación
Ata o 11 de maio de 2012
Remitido

























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



