![]()
SPRINT FINAL CON VISTA ALEGRE COMO ESCENARIO
O Burela Pescados Rubén recibe en Vista Alegre, sábado 21 ás 17.30 horas, ao Sala 5 Martorell FS, quinto clasificado da Segunda División. A catro xornadas para a conclusión da liga regular, o conxunto dirixido por Julio Delgado afronta a recta final co firme propósito de clasificarse para o play off de ascenso. Nestas catro xornadas os burelenses disputan tres partidos en Vista Alegre e un como visitante, ante o Maristas Valencia. O primeiro reto será vencer ao conxunto catalán, quinto clasificado, con 39 puntos, cinco máis que os laranxas que cunha vitoria comprimirían aínda máis os postos de acceso ao play off. O conxunto catalán caracterízase polo seu potencial ofensivo, sendo o segundo máximo realizador da Liga con 117 goles, unicamente superado polo Oxipharma Granada. O seu maior perigo ofensivo protagonízano Diego Blanco, actual pichichi con 31 goles, e Marc Areny que suma 21 tantos. Na última xornada, lograron a igualada ante o FC Barcelona (5-5) no último minuto tras ir perdendo por 2-5. Pola súa banda, o Burela chega a este duelo tras empatar en Eivissa onde mereceu mellor fortuna e con intención de facer valer o factor cancha para conquistar os tres puntos en xogo. Para este partido, o técnico burelense non poderá contar coa participación de Bebeto, que continúa coa súa recuperación, e tampouco con Purao lesionado en terras ibicencas no ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito. Para este partido Julio Delgado convocou aos xuvenís Antón e Keko.
Burela Pescados Rubén – FC Barcelona. A vixésimo oitava xornada de Liga que enfrontará ao cadro burelense co FC Barcelona adiántase ao mércores día 25 de abril. O choque comezará no Vista Alegre ás 21.00 horas.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
