Temos a indiscutible obriga de intentalo
O venres tivo lugar unha nova xuntanza da mesa de seguimento na que participan Xunta (Consellería de Economía e Industria e Xesgalicia), Concello de Mondoñedo e grupos políticos municipais. Este foro naceu principalmente para o fomento do emprego na cidade e na procura de alternativas de futuro nunha comarca lastrada por coñecidas crises empresariais.
Cando desde o PP impulsamos esta iniciativa -materializada xa na segunda das súas reunións- asumimos o compromiso de implicarnos ao máximo nun exercicio de responsabilidade cos nosos veciños e co futuro de Mondoñedo. A pesar de non ser os que temos a responsabilidade do Goberno municipal, quixemos sumar a todas as administracións que se amosaron dispostas a colaborar neste obxectivo e -á vista está- lideramos as iniciativas de impulso, as propostas e alternativas que entendemos máis útiles e necesarias.
Hai que lamentar que haxa quen, desde o Goberno municipal, vexa as nosas achegas desde a desconfianza e desde a visión miope do sectarismo político. Son incapaces de espirse da súa obsesión partidista, aínda conscientes de que facéndoo estarán contribuíndo á procura do mellor para Mondoñedo.
Vamos e iremos ás sucesivas reunións desta mesa de seguimento cos deberes feitos. E non poden pedirnos que renunciemos a facelo. Entre outras razóns porque as liñas de traballo que expoñemos non son a folla de ruta do PP, senón a suma produtiva e construtiva das iniciativas que os propios veciños de Mondoñedo, asociacións e emprendedores foron achegando en reunións previas que os populares organizamos con persoas e achegas de todas as sensibilidades políticas, ás que por certo quero reiterar o meu agradecemento público e sincero.
Un exercicio de responsabilidade e de compromiso sincero con Mondoñedo obriga ao PP a dar a coñecer aos veciños as súas propostas. Temos o deber de informar. Cabe esperar que o Goberno municipal faga o propio. E, sobre todo, que centremos os nosos esforzos en falar sobre iniciativas que incentiven a comarca e do moito que podemos facer polos nosos veciños e non, en polémicas estériles ou lamentacións sobre o protagonismo perdido.
Falemos das propostas que deixamos sobre a mesa: De reactivar a economía con iniciativas como o desenvolvemento sostible da xestión forestal, concretamente das actividades da biomasa. Falemos sobre a dinamización do sector turístico para xerar emprego, conscientes do moito que Mondoñedo ten que ofrecer e sensibilizando aos nosos veciños e emprendedores das posibilidades de negocio que deseña este sector. Deamos a coñecer as moitas liñas de apoio como o Impulsa Lugo que hoxe existen para autónomos e PEMES, grandes creadores de riqueza e emprego estable.
Mondoñedo é a nosa prioridade. O lugar no que creo. O único obxectivo do PP é o de contribuír a mellorar a cidade e cumprir dende a oposición o programa electoral. Guste ou moleste. Atopémonos ou non coa actitude pouco colaboradora por parte de aqueles que deberan ser os primeiros en defender ao seu concello. Non vamos a deixar de facelo. Estamos traballando a reo por Mondoñedo e por ofrecer alternativas convencidos de que nesta terra hai moito futuro. Teño -en primeira persoa-, temos -todos nós- a indiscutible obrigación de intentalo.
Elena Candia López, Portavoz do PP de Mondoñedo

















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



