O día 31 tivo lugar un xantar de confraternización deportivista na sede social da PEÑA DEPORTIVISTA DE BURELA, no Restaurante O SARGO. A ela asistiron uns 50 siareir@s branquiazuis, que logo do xantar tiveron coma sobremesa o partido entre o Girona e o Depor grazas á gran pantalla instalada por xentileza de Establecementos QUELVI. Dende a Peña Deportivista queremos que o día 15 de abril en Balaídos teña lugar a gran festa do fútbol galego.
