NOTA DE PRENSA.-
FESTAS DE SAN ISIDORO EN PENASAGUDAS-MONTE
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 13, 14 E 15 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:
VENRES, 13 DE ABRIL: Vai comezar esta Festa cunha Verbena a partires das 9 da noite coa formación musical: “ABANICO”.
SÁBADO, 14 DE ABRIL:
-13:30 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
-17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZA” e “DIAMANTES”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
DOMINGO, 15 DE ABRIL:
-10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola Asociación Cruz de Loureiro.
-Despois do Xantar, a partires das 16:00 horas, baile e verbena con JUAN Y SU GUITARRA.
A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos tres dias da festa.
Remitido