O pasado sábado día 12 de mai o celebrouse en Alfoz a XVI Mostra Folclórica. Estivo organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil “O Castelo”, de Alfoz, e nela participaron diversos grupos da Mariña, como o mesmo “Castelo”, “Amado Lar” do Valadouro, “Feitizo” de Foz, “Ledicia” de Burela e “Arco da Vella” de San Miguel. O acto celebrouse no pavillón municipal, debido ó mal tempo, posto que se pensaba realizalo nun palco instalado no estadio municipal de fútbol. Colaborou na organización o concello de Foz, precisamente prestando ese palco para poder actuar. Ó acto asistiu un numeroso público, que encheu a maior parte das gradas do pavillón municipal. O acto estivo presentado por Antonio Jesús Lorenzo “Cachín” e por Andrea Geada.
