A asociación de consumo ecolóxico Karrikanta e Airiños do Xunco organizan un mercado de quincenal en Cervo
MERCADO do SOUTO
Primeira data: Domingo, 13 de maio
Lugar: Praza do Souto
Horario: De 10.00 a 14.00 horas
A Asociación de Consumo Ecolóxico Karrikanta maila Asociación Cultural Airiños do Xunco impulsan unha iniciativa conxunta ligada ás tradicións locais, defensa dos pequenos produtores e a agricultura da comarca. Trátase do Mercado Quincenal de Productores/as e Artesáns que, como ben di o nome, terá carácter quincenal. O primeiro celebrarase este domingo, 13 de maio, na praza do Souto en Cervo, dende as 10.00 ás 14.00 horas.
O principal atractivo de dito mercado é a posta en contacto entre vendedores e consumidores co obxectivo de dinamizar o comercio local e dar a coñecer a produción da zona. Así, haberá postos de produtos da horta, artesanía en coiro, xabóns artesanais, pastas, pan, sementes, etc… e entre os vendedores participarán algúns que xa teñen a experiencia do Mercado Tradicional que Airiños do Xunco celebra sempre en agosto como antesala á Queimada Popular de Cervo. Nesta ocasión, tamén participará a Libraría Bahía de Foz cun expositor de libros relacionados con agricultura, natureza, etcétera…
O Mercado Quincenal de Productores/as e Artesáns tamén é unha lembranza, en pequeno, da antiga feira que acollía Cervo hai décadas e que pervive na memoria dos máis maiores da localidade, como unha chamada para non perder a nosa conexión coas tradicións locais.
Como actividades complementarias desta nova cita, tamén se contará cunha exhibición de danza oriental a cargo de Sue Ellen Aquino e outra de sementeiros en papel.
Airiños do Xunco tén unha longa traxectoria na Mariña, dende Cervo, como impulsora de festas gastronómicas, do Mercado Tradicional e celebracións tan arraigadas como a Queimada Popular de Cervo, ademais de fomentar a continuidade do folclore da zona cun grupo propio de baile e gaita e festivais que organiza. A Asociación de Consumo Ecolóxico Karrikanta, que abarca toda A Mariña, agrupa a consumidores e produtores que integran nunha mesma filosofía consumo ético, responsable e respetuoso co medio ambiente, ademais de saudable. A idea partiu dun pequeño grupo de consumidores comprometidos e defensores sobre todo da produción ecolóxica na comarca.