AMARANTE Setem e o Sindicato Labrego celebran este domingo o Dia Internacional do Comercio Xusto
“Café con leite amargo. Fronte a PAC,
Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”
Comunicado prensa. 9.05.12
AMARANTE Setem e o Sindicato Labrego Galego organiza en Ribadeo dendo o domingo 13 de
maio ata o mércores 16, unha serie de activadedes entorno o Dia Internacional do Comercio Xusto,
que se celebra o 12 de maio.
Estas actividades se enmarcan dentro da Semana Galega de Comercio Xusto que co lema “Café
con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”, a Asociación
AMARANTE Setem e o SINDICATO LABREGO GALEGO organizan en Santiago, Pontevedra e
Ribadeo para visibilizar o impacto negativo das políticas agrarias internacionais nos labregos e
labregas e nas persoas consumidoras tanto no Norte, e en concreto en Galicia, como no Sur. E
demandar outro modelo de comercio e consumo máis respectuoso cas persoas labregas e
produtoras, co medioambiente e coa saúde.
A profundización dun mercado liberal onde as políticas cómplices dos gobernos apoian ás
multinacionais da industria e da distribución agroalimentaria están levando á ruína a miles de
explotacións ó redor do mundo e ou mantendo na pobreza e a explotación a miles de persoas.
Ademáis de favorecer alimentos pouco saudables e a degradación medioambiental en prol dos
grandes beneficios coa repercusión que ten na saúde das persoas.
Nestes momentos, as institucións europeas, estatais e autonómicas están inmersas no proceso de
debate para a reforma da política agraria común (PAC). É un bo momento para poñer as bases
para inverter a situación e poñer en marcha unha nova no marco da Soberanía Alimentaria.
O Comercio Xusto garante un prezo estable aos grupos produtores e superior ao do mercado,
que non se produce explotación laboral de nenos e nenas. O salario e as condicións laborais
son equitativos para os traballadores e traballadoras, e poténciase a participación da muller nos
órganos de decisión; e as técnicas de produción son ecolóxicas, non se empregan sustancias
sintéticas ou transxénicas. Deste xeito, respéctanse os ciclos da terra e a sostibilidade do
ambiente.
ACTIVIDADES
MERCADO TRANSPARENTE
Ofreceranse produtos locais e de comercio xusto
Domingo 13 de maio. Praza de Abastos
Hora: 11:00-14:00 horas
MESA REDONDA: “Soberanía alimentaria. Multinacionais da alimentación frente a comercio local”
Hora: 13:00 horas
Participan: Amarante, Sindicato Labrego, produtoras locais e outros colectivos. Aberta á participación
a calquera persoa interesada no tema.
OBRADOIRO DE HIP HOP: “Comercio de armas. Cultura de Paz.” Ás 11:30 horas.
CONFERENCIAS
Martes 15 de Maio na Casa das Letras.
Conferencia: “A Política Agraria Común”, co Sindicato Labrego Galego
Hora: 20:30
Mércores, 16 de Maio na Casa das Letras.
Conferencia: “As finanzas éticas”. Marta Rodríguez, FIARE GZ e Ramón Carmelo COOP57 GZ
Hora: ás 20:30






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



