XESTION FORESTAL SOSTIBLE
Primeira actividade da Mesa de Seguimento
SABADO 5 DE MAIO
LUGAR: CASA DA XUVENTUDE
HORA: 10:30 A 14:00
TEMA: A XESTION FORESTAL SOSTIBLE CREA EMPREGO.
Obxectivo : analizar si na nosa comarca,
tendo en conta os seus recursos forestais, reune condicións óptimas para ser sede
dalgún proxecto que poida crear postos de traballo. Con este propósito asisten as seguintes persoas para que se plantee un
foro de análisis e debate, pero sobretodo de intercambio de
experiencias de que neste sector poida haber una
oportunidade de futuro para Mondoñedo
INTERVEÑEN
Miguel Cela Gonzalez: Jefe de Montes de la Provincia de Lugo da
Conselleria de medio rural e do mar: para analizar este tema dende a
perspectiva da administración.
Mesa redonda
1. Daniel Villapol, Xerente de Maderas Villapol, para analizar a sua
interesante experiencia empresarial e punutalizar no asociacionismo
como elemento clave para o desenrolo forestal
2. Roberto Astorga, responsable de Biomasa , Grupo Ence, analizar la experiencia de ENCE en produccion de enerxia eléctrica, co emprego da BIOMASA
3, Fernando Solla Gullón, Director Técnico de ISEMPA SL, “Uso da Biomasa forestal como combustible para a xeneración de enerxía térmica: caso práctico aplicado a Mondoñedo”.
4. Juan Majada Guijo:Doctor en ciencias, Coordinador do programa de investigación forestal do Principado de Asturias e ditector cientifico da fundacion Cetemas. “ “Optimización de sistemas de producción, especial interés nos CULTIVOS ENERXÉTICOS”
CLAUSURARÁ AS XORNADAS A CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL E DO MAR























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



