A CASA DO MAR ACOLLERÁ O VINDEIRO 26 DE MAIO UNHA CHARLA SOBRE A COMPOSTAXE DOMÉSTICA, SEGUNDO ANUNCIOU HOXE HORARIO CUPEIRO.
Ribadeo, 2 de maio de 2012. O vindeiro 26 de maio ás 18 horas na Casa do Mar terá lugar unha conferencia sobre compostaxe doméstica, segundo anunciaba hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.
O edil nacionalista sinalou que “as persoas que queiran asistir para poder conseguir un dos 50 composteiros que repartiremos, tal e como xa comentamos hai tempo, deben inscribirse no Concello e asistir necesariamente á charla. O teléfono para anotarse é o 982 120 701. Os composteiros entregaránse por estricta orde de solicitude e a charla será impartida por unha empresa contratada por Sogama”.
Cupeiro manifestou que “é moi importante a compostaxe porque na nosa comunidade, como en todas, temos un problema cos residuos. En Galicia estáse enterrando moito lixo, porque a incineradora de Sogama non é capaz de queimar todas as toneladas de lixo que enviamos desde os Concellos. Alí reciben aproximadamente 1 millón de toneladas de lixo e estánse a soterrar preto de 400.000. Entón todo aquelo que nós poidamos tratar coa compostaxe sería unha boa cousa”.