FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE O TRABALLO REALIZADO DESDE A MARXE GALEGA DA RÍA RIBADEO PARA MELLORAR A CALIDADE DAS SÚAS AUGAS É IMPECABLE.
Ribadeo, 25 de maio de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, considera que o traballo realizado desde a marxe galega da ría de Ribadeo para mellorar a calidade das súas augas é impecable. O rexedor considera que Asturias ten deberes pendentes que tería que executar para non saír nos informes periódicos da Axencia Europea de Medio Ambiente.
O rexedor referíuse ao informe da Axencia Europea do Medio Ambiente “no que dalgún xeito poñen un chisquiño en cuestión a calidade das augas da nosa ría de Ribadeo. As augas da ría e os deberes que temos que facer tanto Asturias como Galicia para telas en estado óptimo creo que pola parte galega estamos moi avanzados. Temos desde hai pouco máis un ano unha depuradora que está a tratar todos os residuos urbanos e de parte das parroquias, o porto comercial cumpre todos os criterios normativos de tratamento de residuos e o porto deportivo disfruta dunha bandeira azul, que contamos que este ano se volte a confirmar”.
Suárez Barcia considera que “os deberes da parte galega, tanto do Concello como da Xunta, están prácticamente cumpridos. Pero na parte asturiana falta un saneamento e estánse a producir verquidos á ría de Ribadeo de maneira inexorable. Eses son os seus deberes, que deberían tentar resolver canto antes para non ter que saír nestes informes periódicos da Axencia Europea de Medio Ambiente”. O alcalde insistiu en que “pola parte de Ribadeo e pola parte galega en xeral o comportamento e a actitude que estamos a ter de cara ao saneamento e o tratamento das augas da ría de Ribadeo é impecable”.
























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



