FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE A LIÑA DE ALTA TENSIÓN E A SUBESTACIÓN ELÉCTRICA SON MOI NECESARIAS PARA RIBADEO, PARA O POLÍGONO INDUSTRIAL E PARA UNHA PARTE IMPORTANTE DA MARIÑA ORIENTAL. A XUNTA EMITIU UNHA RESOLUCIÓN POLA QUE SE AUTORIZA E SE APROBA O PROXECTO DE EXECUCIÓN DESTA INFRAESTRUCTURA ENERXÉTICA E SE DECLARA A SÚA UTILIDADE PÚBLICA.
Ribadeo, 15 de maio de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, amosóuse satisfeito despois de coñecer a resolución da Consellería de Economía e Industria pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública da liña de alta tensión (Trabada-Piñeira) 132kv e tamén da subestación eléctrica de Ribadeo. O rexedor considera que esta infraestructura era moi necesaria para Ribadeo e para o futuro do polígono industrial e agarda que solucione os constantes problemas que sofría o subministro eléctrico no concello.
Suárez Barcia indicou que “se trata dunha noticia esperada desde hai tempo e moi necesaria para Ribadeo. Isto era fundamental para o polígono industrial, porque aínda que as empresas que están alí instaladas teñen subministro eléctrico non estaba garantido o mesmo para as novas industrias ou firmas que alí se quixeran asentar. Tamén é moi importante e fundamental para a vila de Ribadeo e tamén para unha parte moi importante da Mariña oriental, dado que coa subestación de Foz non se cubría a demanda que unha poboación de 10.000 habitantes como Ribadeo tiña”. O rexedor agarda que “cos prazos que se dean a partires de agora para que a empresa EON licite as obras de construcción e para convertir en real esta autorización administración, eu confío en que desaparezan definitivamente todos aqueles problemas que ten habido ao longo dos últimos anos de cortes no subministro, de que a luz se aí moitas veces sen razón aparente. Confío en que agora ao ter un subministro competente e adaptado ás necesidades dos tempos isto sexa historia”.
O alcalde de Ribadeo sinalou que “sempre que se produce algún tipo destas actuacións supramunicipais, destas construccións de liñas de alta tensión, sen dúbida que hai alegacións, sen dúbida que hai xente á que non lle gusta ou á que non lle parece axeitado. Eu respecto todo isto profundamente aínda que a tramitación supramunicipal correspóndelle á Xunta, xa foi iniciada na lexislatura anterior co bipartito e a concluiu este goberno autonómico actual”. E engadiu que “realmente a esta xente lle hai que responder en tempo e forma por parte da Xunta, pero o que debe quedar claro, e así o digo para que niguén o malinterprete, é que é necesaria máis que nunca esta infraestructura enerxética para o futuro de Ribadeo, para o futuro dos sectores productivos, para o comercio, para o sector terciario, para o sector secundario, que se está a implantar no polígono industrial e cómo non para o sector primario, que aínda que está reducido segue a ser importante”.
Suárez Barcia entende “con todos os respectos e con todas as salvidades, que é unha moi boa noticia para Ribadeo. Lamento que non se tivera producido antes, porque isto tivo un procedemento de tramitación longuísimo con multitude de informes sectoriais polo medio, algúns inauditos, pero en todo caso paréceme ben esta resolución que acaba de emitir a Xunta de Galicia”.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



