ALFOZ-O VALADOURO
A Asemblea Local do BNG Alfoz-Valadouro organiza un acto informativo ao redor
dos recortes económicos nos servizos públicos, especialmente sobre os
vencellados á Sanidade, titulado “Os recortes sociais e sanitarios”, no que intervirá
o médico Iago Villamil Cajoto e o deputado no Parlamento Galego Manuel Parga
Núñez, a presentación do acto correrá a cargo do responsábel local do BNG.
Terá lugar o vindeiro martes 29 de maio ás 21:00 h. no Centro Social de Alfoz.
Por outra banda, o BNG de Alfoz-Valadouro quere comunicar a renovación dos
cargos levada a cabo na asemblea do pasado día 12, na que foron escollidos:
ALFREDO FREIRE LEIRAS Responsábel local
MIGUEL IGLESIAS VILLARMEA Vicerresponsábel local