Gómez Besteiro, proclamado novo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Lugo co 100% dos votos
– Tras agradecer o apoio unánime, subliñou que “hoxe dou un paso adiante para sumar ós progresistas en torno a un proxecto de centro-esquerda galeguista que recupere a confianza dos que deixaron de apoiarnos, pero tamén daqueles que nunca nos votaron”
– Besteiro destaca que “as vitorias da dereita acaban sempre por ser unha gran derrota para as persoas” e advirte que “o que fai esta neodereita non é austeridade. Non son recortes por economía, son por ideoloxía”
– Baixo o lema “Lugo é a nosa militancia”, o responsable dos socialistas aposta por un liderado compartido, “de abaixo arriba” e propón como retos: superar os 3.000 militantes, conseguir máis alcaldías, manter a Deputación, e volver gobernar a Xunta
– Anuncia unha nova estrutura organizativa con agrupacións máis abertas, afiliacións económicas para mozos e parados, protagonismo de Concellos e comarcas, novas canles de comunicación, “un Socialismo das oportunidades, pero unha aristocracia do mérito”, e achegamentos ó 15M como un foro participativo e un código ético de transparencia
——————–
Besteiro presenta unha Executiva renovada
ata nun 63% para ser a Voz de Lugo
– O líder dos socialistas lucenses cumpre o que anunciou onte: movemento de banquillo –só repiten 7 membros da Executiva integrada por 26-, xuventude –a media baixa ós 38 anos e Xuventudes Socialistas estrea Secretaría na Executiva- e combina cargos institucionais con militancia de base
– Crea novas Secretarías que responden ás necesidades actuais: Emprendedores e Autónomos, Relevo Xeracional, Cooperativismo, Comunicación, Xurídica, ou Ética e Transparencia
– Tras ser proclamado onte o Secretario Xeral por unanimidade, a Executiva Provincial e a Comisión de Control Económico acadan un respaldo do 95,5% e o Comité Provincial do 92%
LUGO, 27 DE MAIO. “Ser a Voz de Lugo”. Con este rotundo obxectivo, o novo líder dos socialistas de Lugo marcaba a folla de ruta á Executiva. Logo de que no día de onte os socialistas elixisen por unanimidade a José Ramón Gómez Besteiro como Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia, no derradeiro día do congreso , votaron ós representantes dos Órganos Provinciais do Partido Socialista para os próximos catro anos.
Gómez Besteiro cumpriu o que adiantou onte:
-Movemento de banquillo cunha profunda renovación que chega ata o 63% dos integrantes ó manter só 7 membros da anterior Executiva dos 26 actuais.
-Rexuvenecemento do órgano de dirección. A media de idade baixa ós 38 anos ó incrementarse a representación dos máis novos. No caso de Xuventudes Socialistas adquire por vez primeira unha secretaría propia dentro da Executiva.
-Política a pé de rúa, que potencia cunha Executiva con caracter técnico e político. Entrelaza os cargos institucionais –alcaldes como Pedrafita do Cebreiro, A Pontevona e O Incio- con militantes de base para ter unidade de criterio e mensaxe.
-Profesionalización dos perfís. Destaca a formación universitaria da meirande parte dos integrantes, adaptando o seu perfil ó cargo que agora ocupan.
Ademais de cumprir os criterios de paridade do partido e incorporar á única alcaldesa socialista da provincia, o novo líder dos socialistas tamén cumpriu co compromiso de crear Secretarías específicas que respostan ás necesidades actuais. É o caso das novas Secretarís de: Emprendedores e Autónomos, Relevo Xeracional, Cooperativismo, Comunicación, Xurídica, ou Ética e Transparencia.
Na súa intervención, Gómez Besteiro animou a crer no novo proxecto socialista que aquí naceu como motor de cambio tamén na Xunta de Galicia, o que fixou como obxectivo inmediato. Poñendo como exemplo deste posible cambio o acontecido no goberno da Deputación de Lugo. “Hai un ano renovamos a Deputación. Naquel mommento dicían que era imposible e conseguímolo contra todo pronóstico. O próximo obxectivo é a Xunta de Galicia. Hai que crer nas cousas para poder facelas”, afirmou.
Besteiro, que incidiu no liderado compartido e de abaixo arriba, trasladou a todos os militantes a necesidade “de facer o partido útil á sociedade, dando solucións ós seus problemas porque, como di o lema do noso congreso, Lugo é a nosa militancia”. Lembrou os catro pilares da súa nova etapa: que o PSdeG volva ser a referencia política no noso país, loitar contra o que non é xusto, fortalecer o partido e acadar de novo un proxecto maioritario de goberno que sume ós progresistas en torno a un proxecto de centro-esquerda galeguista.
Amplo respaldo ós novos órganos
Polo que respecta á Executiva Provincial, esta acadou o 95,5% dos votos, dos que 4 foron en branco e 84 a favor. Os integrantes que a compoñen son os seguintes:
Secretaría Xeral: José Ramón Gómez Besteiro; Secretaría de Organización: Juan Carlos Gonzalez Santín; Secretaría de Política Institucional e Comunicación. Coordenador da Terrá Chá: Juan José Díaz Valiño; Secretaría de Cultura: Concepción Burgo López; Secretaría de Agrogandeiría: Wilma Cabodevila Val; Secretaría do Mar e Coordinador da Mariña Luguesa: José Ramón Val Alonso; Secretaría de Promoción Económica e Cooperativismo. Coordinador da comarca de Sarria: Manuel López Vázquez; Secretaría de Emprendedores e Autónomos. Coordinadora da comarca do Suroeste lugués: Pilar García Porto; Secretaría do Territorio: Darío Campos Conde; Secretaría de Ética e Transparencia: Ángela Pérez Vázquez; Secretaría de Sanidade: Miguel Rodríguez Lois; Secretaría de Política Social: Ana María González Abelleira; Secretaría de Educación e Lingua: José Carlos Ferreiro Otelo; Secretaría de Redes e Innovación: Pablo Rivera Capón; Secretaría de Xuventude e Relevo Xeracional: Leticia Seara Losada; Secretaría de Vivenda e Coordenadora da Montaña Luguesa: Fe Álvarez Sánchez; Secretaría de Emprego: Gloria María Prada Rodríguez; Secretaría de Deporte. Coordinador Terra de Lugo: Álvaro Santos Ramos; Secretaría de Turismo e Coordinador comarcal de Lemos: Roberto Castro González; Secretaría de Medio Rural: José Luis Raposo Magdalena; Secretaría de Sostenibilidade Ambiental: Eduardo Vidal Baamonde; Secretaría de Igualdade: Covadonga Viamonde Aguiar; Secretaría de Formación: Pilar Saavedra Morandeira; Secretaría Xurídica: Laura Celeiro García; Secretaría de Administración: José Fernando Piñeiro Díaz; e, finalmente, Secretaría de Acción Electoral: Alfonso Orol Castro.
Comité provincial e Control Económico
Na sesión de hoxe os socialistas tamén votaron o Comité Provincial e a Comisión de Control Económico. O primeiro está formado por 29 persoas. Acadou o 92% dos votos, dos que 81 foron a valor e 7 en branco: Lara Méndez López, José Manuel Braña Pereda, Benigno Gómez Tadín, Sandra Freire del Valle, Manuel Dacosta Rivera,Javier González González, Sonsoles López Izquierdo, José Luis Díaz López, Silvia Rodríguez Díaz, Juan Carlos Araújo Rodriguez, Mari Carmen Macía Rodríguez, Benjamín López Rodríguez, José Manuel Díaz Grandío, Sonia Verdes Gil, Antonio Gato Soengas, José Eduardo Veiga Méndez, Rosa Morán Luaces, Lino González Ónega, Serafín Otero Paredes, Sonia Méndez López, José Fernández Fernández, Marta Jato Díaz, Manuel Martínez Núñez, María Jesús Navarro, José Manuel López Prado, Alfredo Llano García, Rocío López García, Luisa Zarzuela, e José María Arias Fernández.
No segunto caso, a Comisión Provincial de Control Económico, obtivo o apoio do 95,5% dos socialistas. En total, 84 votos a favor e 4 en branco. Está integrada por Purificación Váquez Martínez, Pedro Besteiro Fernández, Xela García Nogueira, Javier Cerqueiro González e Francisco Urbano Mon Fernández.
O Congreso, que estivo presidido polo exMinistro de Fomento, José Blanco, foi clausurado polo Secretario dos socialistas galegos, Manuel Vázquez.
LUGO, 26 DE MAIO. Cunha rotunda ovación, os socialistas da provincia de Lugo auparon a José Ramón Gómez Besteiro a súa Secretaría Xeral por aclamación de todos os delegados reunidos hoxe na capital. Gómez Besteiro animounos a “dar con el un paso adiante para sumar ós progresistas en torno a un proxecto de centro-esquerda galeguista”. O novo líder explicou que o espazo político que abarca o PSdeG en Galicia é amplo e protagonista nos grandes consensos do país, o que permitiu liderar todas as alternativas de goberno que houbo na Xunta diferentes á dereita. Por tanto, avogou “por redefinir o noso espazo, en base ó galeguismo integrador; marcalo de novo para que nel teñan cabida as persoas progresistas, a maioría das que se postulan politicamente opostas ó Partido Popular. Queremos contar cada vez con máis xente, recuperar a confianza dos que algún día deixaron de apoiarnos pero tamén de todos aqueles que se sinten progresistas pero nunca nos votaron. Ata o de agora…”
Precisamente, o concepto dun galeguismo integrador dende o centro-esquerda para ofrecer un proxecto maioritario de goberno foi un dos catro argumentos do seu discurso, no que incidiu en todas as vertentes deste galeguismo, non só na lingüística: “estamos dispostos a facer do galeguismo o común denominador da maneira de entender a nosa lingua, o noso territorio, a nosa xente e a nosa singularidade como pobo en España”. Por iso, animou a “camiñar cara a unión do centro-esquerda, que hoxe maniféstase a través de moitos partidos, fronte a unha dereita que as aglutina e fagocita a todas”.
“Desta crise non se sae pola dereita”
A segunda razón do “paso a adiante” é loitar en Lugo contra o que non é xusto. Baixo a premisa de que as persoas necesitan máis que nunca ó Partido Socialista en Europa, España, Galicia e Lugo, Gómez Besteiro desgranou “por que as vitorias da dereita acaban sendo unha gran derrota para as persoas”. No seu discurso, de carácter marcadamente construtivo, avogou por políticas de crecemento e de estímulo, “por baixar á area e demostrar que os problemas das persoas son tamén os nosos problemas, e somos parte da súa solución”. Neste senso, expuxo unha serie de propostas que pasan pola defensa dunha educación e sanidade públicas e de calidade, unha xubiliación digna e xusta e, como acción principal, a creación de emprego: “é tempo de crear oportunidades, non de recortalas. Todo menos rendirse”, destacou.
O novo líder dos socialistas denunciou que “co desmantelamento do Estado de Benestar, os ricos serán máis ricos, e o resto, todos nós, seremos máis pobres. Tamén a clase media, que tanto contribuíu á construción do Estado Social”. Con exemplos como a amnistía fiscal ou a reforma laboral, Besteiro ratificou que “a dereita é a única que segue sen facer sacrificios. Sabedes por que? O que fai a dereita, esta neodereita, non é austeridade. Non son recortes por economía, son por ideoloxía”, o que a levou a cualificar como a “dereita anti-dereitos”.
“O PSdeG, referencia política no noso país”
Unha terceira razón do paso adiante é que o PSdeG volva a ser a referencia política no noso país, superando a desafeción que provocou o distanciamento dos votantes. Gómez Besteiro avogou por aprender dos erros do pasado e non dar por suposto que a xente vota só polos seus intereses senón con quen se identifica, polo que animou a reactivar este vínculo. Neste proceso de reconciliación, aposta “por traballar os conceptos de forma que se entendan e falar no mesmo idioma que a xente. Non aceptemos a linguaxe confusa do PP que só busca agochar as verdadeiras intencións. Chamemos ás cousas polo seu nome: “copago” é dobre pago; a “flexibilización del mercado laboral”, despido fácil e barato; e a “regularización de activos ocultos” é blanquear diñeiro negro”.
Tamén explicou a importancia de non permitir que a dereita cope palabras como a familia e a seguridade. “A nós tamén nos preocupa en Lugo a seguridade das nosas familias. Somos o partido da xente”.
Fortalecer o Partido para un proxecto maioritario
O cuarto obxectivo é acadar un proxecto maioritario de goberno, fortacelendo o Partido. Baixo o lema “Lugo é a nosa militancia”, o responsable dos socialistas apostou por un liderado compartido, “de abaixo arriba” e prouxo como retos: superar os 3.000 militantes, conseguir máis alcaldías, manter a Deputación, e volver gobernar a Xunta de Galicia”. Para acadalo, varias propostas:
Adaptar a participación do proxecto político ós tempos que corren, a través da posta en marcha dunha cota menor para os militantes máis novos e para aqueles que se atopen sen traballo ou en dificultades.
Celebrar un foro cívico da provincia, aberto á cidadanía, que se convoque de forma anual e que recolla as propostas nun ditame para debatelas e incorporalas ó proxecto político dos socialistas. “Algún tomarao como un guiño ó 15M. Eu chámoo democracia”, engadiu.
“Se Lugo é a nosa militancia, o Partido Socialista vai ser a casa de todos”. Isto significa: agrupacións máis abertas á sociedade; sen medo ó cambio; transparencia, proximidade, participación e “movemento de banquillo”, o que despertou fortes aplausos.
A columna vertebral dos socialistas da provincia serán os Concellos e as comarcas, que terán un papel moi importante pero sempre ó servizo da provincia, dun proxecto común.
Buscar ós mellores e profesionalizar o Partido a través da formación: ”moitos reclamamos un Socialismo das oportunidades pero unha aristocracia do mérito”.
Novas canles de comunicación: os boletíns informativos 2.0, traballo en rede coas agrupacións e unha mellor comunicación interna que redundará na externa.
Un portal web interactivo adaptado ó novos tempos, a través da potenciación das novas tecnoloxías e das redes sociais.
Aprobación dun codigo ético e de transparencia que comprenda publicacións de soldos públicos dentro do partido, control do absentismo dos cargos electos nos seus respectivos postos, así como establecer mecanismos efectivos que garantan a democracia interna.
Propiciar a cobertura xurídica ós nosos compañeiros e compañeiras e traballar nunha estrutura que aporte garantías e transparencia.
Gran respaldo
A de Gómez Besteiro foi a candidatura unánima para un proceso, no que votaron 96 delegados e tamén participaron 104 visitantes. Deste xeito, coa elección de hoxe, o novo Secretario Provincial substitúe ó socialista Ricardo Varela, quen en 2009 saíu elexido Secretario Provincial, e cuxo informe de xestión obtivo hoxe o apoio do 93,5% do Plenario.
O Congreso, que estivo presidido polo exMinistro de Fomento, José Blanco, e inaugurado polo Secretario de Relacións Institucionais e Política Municipal do PSOE, Gaspar Zarrías, será clausurado o domingo polo líder dos socialistas galegos, Manuel Vázquez. Ás 11:00 horas dese día procederase á votación de cantidaturas ós Órganos Provinciais.