O Observatorio comeza unha campaña informativa sobre a nova lexislación do réxime das traballadoras do fogar
Repartiranse dípticos informativos nas principais vilas da Mariña
O Observatorio da Mariña pola Igualdade comezará o vindeiro luns 21 de maio unha campaña informativa sobre a nova lexislación que atinxe ao réxime das traballadoras do fogar e que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro, cun prazo de adaptación de seis meses. Con esta campaña informativa o Observatorio pretende poñer de relevancia a importancia do traballo do fogar, unha profesión totalmente feminizada (98.2% de mulleres traballadoras do fogar segundo cifras oficiais), desprestixiada e precaria.
Até o de agora, as empregadas do fogar estaban sometidas a un Réxime Especial que se rexía polo R.D 1424/1985 e no que, por exemplo, só era obrigatorio para a persoa empregadora asegurar á traballadora a partir das 20 horas semanais de traballo e en caso de baixa laboral non comezaban a cobrar até o día 29. Coa lexislación actual, rexida polo R.D 1620/2011 as empregadas pasan a incorporarse ao Réxime Xeral como un sistema especial e, polo tanto, todas as traballadoras do fogar deben de estar dadas de alta na Seguridade Social para ter así a súa situación regularizada, recaendo esta responsabilidade sobre a parte empregadora.
A nova regulación ten unha serie de vantaxes sobre as empregadas do fogar como o dereito á cotización á Seguridade Social; dereito á pensión de invalidez, xubilación, viuvez e orfandade; en caso de accidente de traballo cobro salarial dun 75% da base diaria de cotización do mes anterior á baixa; cobro salarial en caso de baixa por enfermidade; vacacións anuais de 30 días, etc.
Para as persoas empregadoras, pola súa parte, durante os anos 2012, 2013 e 2014 aplicarase unha redución do 20% ás cotizacións devengadas pola contratación de persoas que presten servizos no fogar familiar e queden incorporadas a este sistema especial, sempre que a obriga de cotizar se iniciara a partir do 1 de xaneiro do 2012. A redución do 20% ampliarase cunha bonificación até chegar ao 45% para as familias numerosas.
Toda esta información poderase atopar nos libriños que o Observatorio da Mariña pola Igualdade repartirá na Seguridade Social, no INEM, nos centros de saúde, nas Casas do Concello, panaderías, farmacias, etc. das distintas vilas da Mariña. Ademais, o Observatorio aproveitará o que resta de mes para, nos distintos mercados semanais que hai nalgunhas vilas da Mariña, repartir persoalmente a información a todas as persoas que o desexen, así como unhas ecobags reutilizables que o Observatorio vén de facer para agasallo ás persoas que asisten ou participan das nosas actividades.
Quen o desexe, tamén poderá atopar toda a información editada na páxina web do Observatorio (www.observatorioigualdade.org) así como diversos modelos de contrato tanto de traballadoras internas ou externas, a tempo parcial ou a tempo completo, ou modelos de nómina para traballadoras que cobran por horas ou por mensualmente.
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



