O goberno leva a pleno un convenio para que a veciñanza poida facer en Cervo os seus trámites con Tráfico
-A veciñanza non terá que desprazarse ata a Xefatura Provincial de Tráfico para facer xestións como cambios de domicilio do permiso de conducir
-Na orde do día inclúese tamén unha moción para a mellora da competitividade de Alcoa que inclúe unha serie de medidas relacionadas coa tarifa eléctrica
Cervo, 30 de maio de 2012-O goberno de Cervo vén de informar dos asuntos que se debaterán no pleno ordinario do mes de maio que terá lugar mañá ás 20:00 horas. Na orde do día inclúese a adhesión do Concello cervense ao convenio da Xefatura Central de Tráfico e a FEMP para a axilización de trámites administrativos. Este acordo permitirá á veciñanza realizar xestións como o cambio de domicilio dos permisos de circulación ou de condución no propio municipio de Cervo, evitando así os desprazamentos á capital lucense, onde se atopa a Xefatura Provincial de Tráfico.
Ademais, na sesión abordaranse dúas mocións propostas polo grupo municipal popular. A mellora da competitividade da empresa Alcoa e o mantemento dos niveis de emprego actual na factoría son os obxectivos da primeira das mocións. Nela, o PP de Cervo propón unha serie de medidas relacionadas coa tarifa eléctrica que paga a planta, e que supón un dos gastos máis importantes aos que fai fronte.
Entre as accións que establece a moción, atópase a recomendación ao Goberno do Estado de impulsar un acordo urxente de prezos entre as empresas produtoras de electricidade e as grandes consumidoras de enerxía, como é o caso de Alcoa. Dito acordo terá que implicar unha diminución dos prezos vixentes para así favorecer o desenvolvemento dos Plans estratéxicos das industrias afectadas. No texto tamén se solicita a revisión das tarifas de acceso para os grandes consumidores de enerxía que inclúa só e exclusivamente os custos asociados á rede e os de operación do sistema.
O grupo municipal popular tamén se dirixe á Xunta de Galicia para pedirlle que poña en valor o carácter estratéxico da planta de Alcoa en Galicia pola súa produción de alúmina-aluminio, pola súa achega ao valor engadido e polo volume de emprego xerado.
Esta moción xa foi aprobada no mes de abril no Parlamento galego coa unanimidade de todos os grupos. Agora preténdese reforzar as reivindicacións coa suma dos esforzos dos concellos.
“Alcoa é unha empresa clave en Cervo, na Mariña e en toda a provincia e por iso as administracións debemos reunir apoios para tentar a súa supervivencia como gran xeradora de emprego e como unha das empresas máis importantes a nivel industrial en Galicia” asegura o alcalde, Alfonso Villares, que agarda exista “unanimidade na aprobación de dita moción xa que os seus obxectivos son facilmente asumibles por todos”.
Axuda no fogar
A segunda moción formulada polo PP de Cervo fai referencia ao Servizo de axuda no fogar e o seu financiamento. Na proposta de acordo ínstase á Xunta a que siga financiando este servizo para persoas con dependencia e tamén aos traballadores e traballadoras sociais de todos os concellos de Galicia. Solicítase tamén a axilización do seu financiamento co obxectivo de mellorar a capacidade económica das administracións locais. Con todo, os populares lembran que a Xunta xa realizou o pagamento correspondente aos gastos do primeiro trimestre en dependencia e tamén o 50% dos gastos asociados aos traballadores do Concello de Cervo.
Na moción os populares tamén se dirixen á Deputación de Lugo para solicitar que cumpra co establecido nas distintas leis relacionadas coa axuda no fogar aprobadas polo Parlamento. Nelas establécense as competencias que lles son propias en materia de servizos comunitarios, como son a prestación de apoio técnico, económico e xurídico aos concellos.
Ao mesmo tempo, a corporación pide á Deputación que asegure o financiamento do servizo de axuda ao fogar básico así como do persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais con perfís profesionais diferentes ao do traballador social, como é o caso da educadora familiar en Cervo. “Polo momento non recibimos ningunha información nin chegou ningún pagamento procedente da Deputación”, explica o rexedor, “aínda que agardamos que cumpra o antes posible co aprobado no Parlamento galego” remata Villares. O grupo de goberno anunciou o seu voto favorable aos tres puntos da orde do día.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



