O acordo que aprobe a Cámara trasladarase ao Consello Galego de Pesca para a súa análise e consideración á hora de emitir a opinión conxunta do sector marítimo-pesqueiro e acuícola galego ante este transcendental debate
O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PLENO DO PARLAMENTO A CONFORMACIÓN DUNHA PROPOSTA DE PAÍS EN DEFENSA DOS INTERESES DO SECTOR PESQUEIRO GALEGO ANTE A REFORMA DA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN
Jose Manuel Balseiro lamenta que o acordo non fora posible no seo do Grupo de Traballo constituído pola Consellería do Medio Rural e do Mar e os tres grupos parlamentarios, -fundamentalmente pola intransixencia e falta de interese do BNG- pero adianta a importancia de trasladar a Bruxelas unha posición firme e unitaria.
Santiago, 26 de maio de 2012.- O Grupo Parlamentario Popular, a través do seu portavoz do Mar, Jose Manuel Balseiro, vén de rexistrar unha proposición non de lei para o seu debate urxente no Pleno da Cámara autonómica dirixida a conformar unha proposta galega, ante a inminente reforma da Política Pesqueira Común e a determinar a estratexia a seguir para trasladar a Bruxelas as actuacións que se consideren importantes na defensa dos intereses do sector pesqueiro galego. A iniciativa popular pide á galega que asuma como propia a proposta de ditame que recolle os principais puntos abordados nas xuntanzas do grupo de traballo que a Consellería de Medio Rural e do Mar constituíu xunto cos tres grupos parlamentarios.
Os populares piden que unha vez aprobado este texto no Pleno do Parlamento se dea traslado do mesmo ao Consello Galego de Pesca -máximo órgano consultivo do sector na nosa comunidade e no que están representados todos os ámbitos e axentes protagonistas do sector do mundo do mar- para a súa análise e consideración á hora de emitir a opinión conxunta do sector marítimo – pesqueiro e acuícola galego.
Balseiro Orol explicou, en definitiva, que a intención do PPdeG é que Galicia acuda diante das institucións comunitarias “cunha soa voz, firme e unitaria, do mesmo xeito que se fixo para o Libro Verde”, no que “todos os subsectores da pesca cederon un pouco do seu para gañar en conxunto” e amosou a súa confianza na capacidade de Galicia para elaborar un documento consensuado.
INTRANSIXENCIA NACIONALISTA
A intención inicial do Grupo Parlamentario Popular e da propia Xunta era que o ditame xurdira tamén dunha proposta conxunta das tres forzas políticas parlamentarias. Pero a intransixencia do BNG, que incluso demoraba a achega das súas propostas no marco do Grupo de Traballo parlamentario, obrigou aos populares a presentar como propio este ditame, que agora poderá ser mellorado, no seu caso, tanto no trámite parlamentario como tras a análise que del fagan no Consello Galego de Pesca.
Jose Manuel Balseiro lamentou que os nacionalistas foran un obstáculo para acadar un acordo, aínda a pesar de que estaban dispostos a asumir máis do 90% do ditame e sinalou que desde o primeiro momento “tivemos a impresión de que os nacionalistas non quería chegar a ningún tipo de acordo, pese a importancia que este debate ten para o futuro dos profesionais do mar en Galicia”.
Balseiro tamén indicou que esta posición intransixentes dos nacionalistas levou ao PSOE a negarse a asinar un documento que deixaba en evidencia a soidade do BNG, pero “agardamos e non descartamos a posibilidade de chegar a acordos cos socialistas durante o debate plenario”
PROPOSTAS DE GALICIA
O ditame sinala que de aprobarse a proposta de reforma da Política Pesqueira Común que trasladou a todos os Estados membros a Comisión Europea, suporía dar carta de natureza a asuntos claramente lesivos para Galicia. “Neste senso, son paradigmáticos aspectos coma a mantenza da estabilidade relativa (que discrimina clara, seria e inxustamente a Galicia), a determinación de aplicación de criterios técnicos coma o alcance do RMS en 2015 ou a consolidación dun modelo de xestión, o de TAC e cotas, que non responde a un sistema eficaz de regulamento do estado dos recursos, de control sinxelo e de adecuación a novas propostas coma a de minoración e eliminación de descartes.
Como alternativa da proposta comunitaria os populares defenden múltiples aspectos como son: o necesario equilibrio dos aspectos social, económico e da sustentabilidade ambiental nos aspectos que recolla a futura normativa, a flexibilización do obxectivo de Rendemento Máximo Sostible, a articulación de medidas de axuda e apoio nas políticas de minoración de descartes, a introdución das concesións de pesca transferibles, a derrogación da estabilidade relativa, unha política de adecuación dos niveis de flota, o reforzo do papel dos Consellos Consultivos Rexionais, a mellora do fondo europeo de pesca e da estrutura de mercados pesqueiros e a identificación e recoñecemento das especificidades da flota costeira artesanal e do marisqueo galego.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



