A deputada popular Emma Álvarez Chao sinalou que “o obxectivo é defender de forma máis eficaz os intereses dos asociados, en especial fronte ás imposicións da industria e dos grupos distribuidores”
O GRUPO POPULAR INSTA Á XUNTA A FOMENTAR A CREACIÓN DUNHA ÚNICA ESTRUTURA QUE ENGLOBE A TODAS AS COOPERATIVAS LÁCTEAS EN GALICIA
“Podemos dicir, sen temor a equivocarnos, que as cooperativas produtoras de leite representan aproximadamente o 50 por cento das entidades agrarias de Galicia”, puntualizou Álvarez Chao
Santiago, 26 de maio de 2012.- O Grupo Parlamentario Popular vén de presentar unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a fomentar a creación dunha única estrutura que englobe a todas as cooperativas lácteas en Galicia. “O obxectivo é defender de forma máis eficaz os intereses dos seus asociados, en especial fronte ás imposicións da industria e dos grupos distribuidores”, manifestou a deputada popular Emma Álvarez Chao.
Álvarez Chao salientou “a gran importancia das cooperativas agrarias dentro da realidade económica e social de Galicia, como axentes económicos esenciais e imprescindibles no desenvolvemento do noso país”.
IMPORTANCIA DAS COOPERATIVAS PRODUTORAS DE LEITE
O Rexistro Oficial de Cooperativas de Galicia presenta un total de 1.136 entidades activas na Comunidade galega, das que aproximadamente un 35 por cento son urbanas e o 65 por cento restantes están localizadas no ámbito rural. “Podemos dicir, sen temor a equivocarnos, que as cooperativas produtoras de leite representan aproximadamente o 50 por cento das entidades agrarias de Galicia”, puntualizou a deputada popular.
Neste sentido, Emma Álvarez salientou “os beneficios que supón para as cooperativas a compra ou venda conxunta de produtos” e puxo como exemplo a actividade desenvolvida pola cooperativa de segundo grao Delagro, S.L. como central de compras, na que se engloban arredor dun cento de cooperativas localizadas en toda a cornixa cantábrica.
“Por este motivo, desde o Grupo Popular consideramos conveniente que desde o Goberno galego se fomente a posta en marcha dunha única entidade que aglutine aos distintos proxectos cooperativos lácteos existentes en Galicia, co obxectivo de que poidan defender dun xeito máis eficaz os intereses dos seus asociados”, manifestou Álvarez Chao.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



