O domingo día 10 de xuño a Asociación de Sendeirismo Pasada das Cabras de Burela vai a realizar unha ruta polas illas Cies, en Vigo. A saída de Burela será ás 7,30 da mañá da Estación de Autobuses e ás 12,15 h. colleremos o barco en Vigo que nos levará ás Illas onde faremos unha pequena ruta de 7 quilómetros e dificultade baixa. O prezo para os socios e de 25 € e 30 para os non socios. Anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do sábado día 2 de xuño.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



